INICIATIVAS SERVIZOS PÚBLICOS

Os alcaldes da provincia xuntos contra a dedocracia coa que Baltar reparte fondos

UNHA TRINTENA DE ALCALDES E ALCALDESAS REÚNENSE PARA FORZAR A BALTAR A ABANDOAR A DEDOCRACIA NO REPARTO DE FONDOS DA DEPUTACIÓN

Os mandatarios locais acordaron unha estratexia conxunta e criticaron con firmeza a actitude antidemocrática do baltarismo na Deputación de Ourense

Ningún alcalde do PP asistiu a pesar de ser unha cuestión de gran interese e de que os representantes dos conservadores na Fegamp aprobaron uns criterios de reparto que Baltar despreza

Ourense, 11 de xullo de 2017.
Unha trintena de alcaldes e alcaldesas da provincia de Ourense reuníronse esta mañá para deseñar unha estratexia conxunta coa que forzar a Manuel Baltar a deixar de lado a dedocracia no reparto dos fondos públicos provinciais. E que, a Deputación de Ourense segue a ser a única das deputacións galegas que carece dun plan único baseado en criterios obxectivos, co que distribuir os cartos entre os municipios, independentemente da afiliación política dos gobernos locais.

O encontro –convocado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e presidido polo seu presidente, Alfredo García, e polos deputados provinciais Francisco Fraga (PSdeG-PSOE) e Ramiro Rodríguez (BNG)– reuniu a rexedores e rexedoras do BNG, PSdeG-PSOE, Anova, Compromiso por Galicia e formacións independentes. Ningún alcalde do PP asistiu a pesar de ser unha cuestión de grande interese para a veciñanza á que representan e a pesar de que os propios representantes dos conservadores na Fegam aprobaron uns criterios de reparto que Baltar despreza.

Os mandatarios locais acordaron unha estratexia conxunta que se fará pública nas vindeiras semanas, expuxeron diferentes puntos de vista sobre o plan único que necesita Ourense e criticaron con firmeza a actitude antidemocrática do PP, que segue a usar a Deputación como unha parcela do baltarismo na que empregan os fondos públicos para pagar favores políticos. Mentres perfecciona a dedocracia, Baltar marxina con descaro ós concellos gobernados por outras formacións e, polo tanto, á metade dos habitantes da provincia.

A Deputación ourensá é a única de Galicia que carece dun plan que aglutine as subvencións ós concellos, o que provoca unha absoluta discrecionalidade na asignación dos fondos e unha menor porcentaxe de investimentos. Non hai mais que comparar as cifras totais repartidos entre os municipios nas catro provincias: 74 millóns na Deputación da Coruña; 41 millóns na Deputación de Pontevedra e 20 millóns na Deputación de Lugo (mais achegas municipais), fronte os escasos 11,5 millóns que suman todos os plans e programas que a Deputación de Ourense reparte, na súa meirande parte, a dedómetro.

Segundo determina a normativa vixente en materia de réxime local, as deputacións teñen a obriga de “aprobar anualmente un plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal, en cuxa elaboración deben participar os concellos da provincia. O plan deberá conter unha memoria xustificativa dos seus obxectivos e dos criterios de distribución de fondos, criterios que en todo caso han de ser obxectivos e equitativos e entre os que están a análise dos custos efectivos dos servizos dos concellos e poderá financiarse con medios propios da Deputación, achegas municipais e as subvencións que acorden a C.C.A.A. e o Estado con cargo ós seus respectivos orzamentos (…)”.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s