INFRAESTRUCTURAS

Os socialistas da Deputación e Vilardevós interésanse outra vez pola estrada OU-1006

O PORTAVOZ SOCIALISTA DE VILARDEVÓS ACODE Á DEPUTACIÓN PARA VER O PROXECTO A ACOMETER NA OU-1006, POLO QUE O GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA PREGUNTOU EN VARIAS OCASIÓNS

A diferenza de Julio Prada, o alcalde de Vilardevós destaca polo seu desinterese e non coñece o proxecto nin sabe cómo van ser as obras nos treitos máis perigosos e custosos

Os socialistas lembran que o compromiso de arranxo total da OU-1006 xa foi adquirido por Baltar no 2016 e aínda queda un proxecto por redactar e outro por executar

Ourense, 17 de xullo de 2017. O portavoz socialista no Concello de Vilardevós, Julio Prada Hohenstein, acudiu hoxe pola mañá á Deputación a ver o proxecto de mellora da OU-1006, algo que aínda non fixo o propio alcalde da localidade. Hai semanas que o grupo socialista de Vilardevós se interesou polo estado dunhas obras que parecen non rematar nunca pese ó compromiso adquirido polo presidente da Deputación xa para o ano pasado. A través do deputado provincial Vicente Gómez xa se preguntou tanto en pleno coma por escrito pola inversión nesta estrada onde faltan dous treitos por arranxar para que a intervención sexa completa. Deste xeito, Julio Prada acudiu acompañado por Gómez e mailo portavoz do Grupo Provincial Socialista, Francisco Fraga, para estudar con detemento o único proxecto dispoñible ata o momento. Dito proxecto, ó que tiveron acceso hoxe, afecta a un dos treitos pero, en contra do que dixo Baltar no pleno, falta por redactar o proxecto do segundo e, sobre todo, executar as obras.

Neste senso, o portavoz socialista de Vilardevós e os deputados provinciais urxen o inmediato arranxo da totalidade da vía, sen escusas nin dilacións. Lembran que Baltar se comprometera a facelo xa no 2016 e xa pasou medio ano do 17 sen que se remate dunha vez por todas unha estrada que, no seu estado actual, supón risco para os usuarios/as. Julio Prada sinala que: “ Os dous treitos que faltan por executar, entre Enxames e Florderrei, coinciden en seren os máis perigosos, polo que a urxencia está máis que xustificada e, tamén son os máis custosos, pero non se admite a demora cando houbo un compromiso de obrar na totalidade da estrada”.

Para o PSOE resulta curioso que no 2015 se ensancharan e se asfaltaran 200 metros, coincidindo coas eleccións e que ó pouco tempo da celebración das mesmas se lle botara un rego asfáltico ó tramo entre Florderrei e Vilarello da Cota cando, no proxecto que analizaron hoxe, se prevé dobre rego nas actuacións que restan. Para os socialistas resulta imprescindible que se acometan as obras en toda a estrada pero que ademais se faga nas mesmas condicións en todos os tramos, sen deixar un feito ás présas para obter un resultado efectista durante unha cita electoral. En verbas do portavoz municipal socialista : “Esiximos que se lle dea o mesmo tratamento ó tramo entre Florderrei e Vilarello da Cota que o que teñen previsto nos dous treitos que faltan por arranxar. A veciñanza merece que se acometa a totalidade da obra dunha vez por todas e que se faga con dobre rego e cos anchos necesarios”.

Os socialistas de Vilardevós, así mesmo, teñen intención de informar ós veciños das zonas afectadas como vai quedar a obra unha vez estea rematada, toda vez que o alcalde non se preocupou nin de ir ata a Deputación ver o proxecto. Recalcan a a necesidade de que se execute este tramo e se redacto o seguinte de xeito inmediato e se dea solución ós veciños e veciñas que transitan pola OU-1006.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s