POLÍTICA PROVINCIAL

Dous anos de oposición útil fronte ó despotismo ilustrado do goberno provincial do PP

O PSDEG-PSOE FAI BALANCE DA SÚA ACTIVIDADE DURANTE OS DOUS PRIMEIROS ANOS DO ACTUAL MANDATO NA DEPUTACIÓN DE OURENSE E CARGA CONTRA O DESPOTISMO DE BALTAR

Premendo no seguinte hiperenlace podes descargar o dossier no que analizamos os dous primeros anos do mandato  na Deputación de Ourense

IMG_5127ok
Francisco Fraga (portavoz) e Elvira Lama (viceportavoz) facendo balance do mandato

Ourense, 14 de xullo de 2017. Tras dous anos de mandato, o PSdeG-PSOE na Deputación de Ourense fai balance da prolixa actividade dos socialistas na institución e carga contra o caciquismo co que segue a gobernar Baltar. «Non pode seguir gobernando como un déspota ilustrado que gobernaban para o pobo pero sin o pobo», denunciou a viceportavoz, Elvira Lama, durante un encontro informativo cos medios de comunicación celebrado en Ourense. O portavoz provincial, Francisco Fraga, detallou, xunto con Lama, as principais liñas da actuación durante estes 24 meses e denunciou o desleixo de Baltar coa provincia que goberna. Fraga acusa a Baltar de preocuparse mais en posar para o seu álbum persoal que dos problemas reais do seu entorno: «O próximo será velo buscando solucións para os problemas da seca en Tel Aviv antes que para os da seca da provincia», ironizou.

Premendo no hiperenlace podes descargar o dossier no que analizamos os fitos, obxectivos e asuntos mais destacados dos dous primeros anos do mandato.

IMG_5116ok
Francisco Fraga (portavoz) e Elvira Lama (viceportavoz) facendo balance do mandato

FITOS

>Facer unha oposición útil ó lograr que o pleno adopte acordos construtivos, en moitos casos, por unanimidade, xa que é importante acadar melloras para cidadáns e entidades

>Manter a crítica ás prácticas caciquís do baltarismo, destapando novos casos de enchufismo (por exemplo, na selección de bombeiros dos parques comarcais), de propaganda e autobombo (por exemplo, os viaxes turísticos internacionais de Baltar) ou de corrupción (por exemplo, fraude en cursos de formación)

>Reprobación de Manuel Baltar no pleno da Deputación

>Esixir a dimisión de Manuel Baltar porque a xustiza certificou nun auto firme que ofreceu empregos públicos na Deputación Provincial a cambio de sexo

>Denuncia sobre a supresión da venda de billetes e o peche de servizos nas estacións de tren das vilas da provincia + lograr a paralización deste recorte

>Denuncia sobre a paralización dos tramites para a declaración da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural (BIC) e Patrimonio da Humanidade + aprobación dunha moción por unanimidade

>Poñer no foco da actualidade da Deputación Provincial o desmantelamento do servizo pediátrico do CHUO, Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

>Denuncia sobre os reiterados recortes e atrasos que están a sufrir as obras da liña ferroviaria de alta velocidade o seu paso pola provincia

>Denuncia sobre a falta de traída eléctrica para alimentar a nova liña ferroviaria de alta velocidade entre Zamora e Ourense pola falta de autorización medioambiental

>Poñer en evidencia a habitual incoherencia do PP. Último exemplo: os socialistas impulsan a implicación da Deputación na elaboración do Plan de Transporte Público de Galicia da Xunta, unha proposta que o propio PP aprobou no Parlamento de Galicia e que, sen embargo, rexeitou na institución provincial

>Denuncia xudicial e recurso no ‘caso depuradoras’

>Denuncia sobre a paralización do servizo de publicacións da Deputación

>Denuncia sobre uso de herbicidas tóxicos nas estradas de 35 concellos de Ourense

>Denuncia sobre a paralización de melloras e fondos para a rede provincial de canceiras

LOGROS CONCRETOS

>Proposta aprobada para a creación da Axencia Provincial da Enerxía

> Proposta aprobada para a reformulación do convenio marco coas entidades locais para a prestación de asistencia técnica para a limpeza, baleirado e xestión de lodos de fosas sépticas de titularidade local, reducindo o achegado polos concellos, para o aumento do número de municipios unidos a este convenio

>Proposta aprobada para a creación dunha comisión que, en colaboración co sector forestal, elabore un plan de desenvolvemento do sector forestal na provincia

>Proposta aprobada para a creación da rede provincial de concellos termais, que abranga a todos os concellos con augas termais, ós que a Deputación presta asistencia e cooperación

> Proposta aprobada para a creación dun plan de infraestruturas viarias provinciais

> Proposta aprobada para a ampliación da dotación económica do programa BenOurense destinada ós concellos para ampliar o número de persoas atendidas

>Proposta aprobada para a creación dunha comisión para elaborar un documento sobre a reforma da lexislación do réxime local, con expertos na administración local

>Proposta aprobada para a elaboración dun censo de núcleos con problemas de cobertura móbil/Internet

>Proposta aprobada para o desenvolvemento dun plan de implantación tecnolóxica que, mediante convenios de cooperación cos concellos, poña en marcha puntos públicos de acceso a Internet para PEMES e emprendedores do rural como gandeiros, cooperativas, produtos ecolóxicos ou produtos de excelencia

> Proposta aprobada para que a Deputación reclame unha actuación conxunta e coordinada da Xunta e do Goberno de España no despregue de redes de acceso de nova xeración (RNA) de moi alta velocidade (100Mbps), empregando fondos europeos

>Proposta aprobada para a creación dunha liña de axudas estable e permanente para dotar de recursos ós concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia machista, con fin de elaborar un plan de igualdade de oportunidades municipal.

>Proposta aprobada para que a Deputación inste á Xunta a configurar unha rede autonómica integral, permanente, equilibrada e sostible de Centros de Información á Muller

>Proposta aprobada para que a Deputación reclame á Xunta a reforma do Fondo de Cooperación Local, aumentando a dotación económica das súas transferencias correntes ós concellos, reducindo as transferencias de capital provenientes de subvencións

>Proposta aprobada para que a Deputación inste ó Goberno do Estado e Xunta a abordar, de xeito urxente, a reforma do financiamento local e do sistema tributario das entidades locais e que se permita o investimento do superávit xerado polos concellos e o aumento do teito de gasto

>Proposta aprobada para que a Deputación reclame a reapertura do Museo Arqueolóxico de Ourense

>Lograr que o pleno provincial reclame á entidade Abanca manter a prestación de servizos no rural da provincia, así como a implantación de oficinas móbiles

>Proposta aprobada para que a Deputación inste ó goberno do Estado á recuperación dos orzamentos non executados en exercicios pasados e presentes

TRANSPARENCIA

>Posta en marcha da web do PSdeG-PSOE na Deputación de Ourense http://www.psdegpsoedepourense.es

>Posta en marcha de perfís informativos en Facebook, Twitter e Youtube

>Publicación actualizada mensualmente das retribucións percibidas polos deputados e deputadas

>Publicación actualizada mensualmente da asignación percibida polo Grupo Provincial Socialista

>Apertura dunha canle de contacto directa cos cidadáns na nova páxima web e nas redes sociais

>Mellora das relacións con todos os medios de comunicación coa difusión de máis de 200 notas de prensa sobre a actualidade política da Deputación e dos concellos da provincia e a convocatoria habitual de roldas de prensa e outras actividades informativas

 

COOPERACIÓN COS MUNICIPIOS

>Impulso de iniciativas conxuntas con todas as formacións políticas da oposición para creación dun plan único provincial que reparta os fondos públicos da Deputación con criterios obxectivos entre os concellos

>Moción para posta en marcha dun plan de axuda ós concellos para contratación de traballadores desempregados para a mellora dos servizos e infraestruturas municipais

>Mocións para implantar unha taxa municipal ás empresas enerxéticas pola ocupación de dominio público

>Mocións para a eliminación do amianto nas edificacións da provincia

>Mocións para desatascar a tramitación para declarar a Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural (BIC) e Patrimonio da Humanidade, paralizada na Xunta de Galicia

>Encontros cos portavoces locais do PSdeG-PSOE nos municipios para coñecer os seus problemas e poder trasladar as súas demandas á Deputación

>Encontros con bombeiros comarcais que prestan servizos ós municipios para coñecer as súas demandas

>Encontros con sindicatos ferroviarios para coñecer as súas demandas

>Encontros con sindicatos xudiciais para coñecer as súas demandas e elaboración de mocións para frear o desmantelamento de centos de oficinas rurais do rexistro civil

>Encontros con plataformas veciñais, por exemplo, a comisión intermunicipal polo bombeo Razamonde-San Trocado, con fin de coñecer problemáticas como a do abastecemento de auga

NOVA WEB: http://www.psdegpsoedepourense.es

>Páxina web informativa que centrará os seus contidos na difusión da actualidade e actividade xerada polo Grupo Provincial Socialista

>Páxina web elaborada e autoxestionada con medios propios do Grupo Provincial Socialista

>Páxina web ‘responsive’ autoadaptable á lectura en ordenadores ou en dispositivos móbiles

>Páxina web baseada en catro piares:

– Sobre nós: información dos deputados e deputadas + traballadores

– Actualidade: novas do GPS, denuncias, preguntas, iniciativas…

– Transparencia: retribucións e soldos, asignacións, bens…

– Multimedia: videos con roldas de prensa, denuncias, entrevistas…

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s