INICIATIVAS

Reclamamos a retirada da medalla de ouro da provincia outorgada ó ditador Franco

O PSDEG-PSOE DA DEPUTACIÓN DE OURENSE RECLAMA A RETIRADA INMEDIATA DA MEDALLA DE OURO DA PROVINCIA OUTORGADA Ó DITADOR FRANCISCO FRANCO HAI SESENTA ANOS                                                            

Ourense é a única provincia galega que mantén esta vergoñenta homenaxe ó golpista e ditador que se arrogou para si a xefatura do Estado durante catro décadas

Ourense, 14 de xullo de 2017. O PSdeG-PSOE da Deputación de Ourense reclamará a retirada da primeira medalla de ouro da provincia outorgada ó ditador, Francisco Franco, en xullo de 1957. Os socialistas, mediante unha moción que se debaterá no pleno do mes de xullo, solicitan a inmediata supresión desta honra xa que a provincia de Ourense é a única que aínda mantén esta vergoñenta homenaxe ó golpista que foi xefe de Estado.

Video do acto na Deputación o 1 de xullo de 1957 no que se lle impuxo a medalla de ouro a Franco

 

Durante un almorzo informativo no que o portavoz provincial, Francisco Fraga, e a viceportavoz, Elvira Lama, fixeron balance dos dous primeiros anos do actual mandato destaparon que Ourense é a única provincia galega que segue a honrar ó ditador sesenta anos despois daquela imposición “para vergonza de todos os demócratas e pese ás vanas tentativas do presidente Baltar de pasar por un progresista”.

Franco_na_Deputacion_Ourense
O ditador golpista, Francisco Franco, e Carmen Polo ante a Deputación de Ourense

O exercicio da memoria histórica é unha obriga que se adquire coas vítimas e coas familias dos represaliados e represaliadas, nesta provincia, por parte daquel réxime brutal. Os socialistas explicaron que “non se nos ocorre mellor maneira de demostrar compromiso público e unánime con estas persoas que a retirada, ó máximo responsable daquel réxime, da meirande distinción que pode outorgar esta institución”. “Foi a primeira medalla de ouro da provincia imposta e vai ser a última en ser retirada”, lamentou o portavoz.

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s