INICIATIVAS recortes

O PP dalle as costas ós cativos de Ourense ó tumbar unha moción para rescatar o servicio pediátrico do CHUO

O PP rexeitou vergoñentamente unha moción socialista para que a Deputación se posicione en contra dos ataques á provincia e ante o desmantelamento do servizo médico de pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Case catro anos despois do brutal recorte aplicado nun servizo que era modélico, a situación empeorou –na actualidade so queda un cirurxián no hospital e incluso se teñen suprimido operacións programadas– e, por iso, este grave problema debe obter unha resposta contundente. A moción reclama que a Deputación inste á Xunta de Galicia a adoptar de maneira urxente as medidas necesarias para recuperar este servizo médico na súa plenitude.

A deputada, Isabel Gil, asegurou que “é perentorio que o Sergas adopte as medidas económicas e organizativas necesarias para restablecer no CHUO o servizo de urxencias pediátricas os 7 días e as 24 horas, así como as intervencións programadas» porque “é imprescindible que as institucións de Ourense se posicionen para defender as necesidades básicas de miles de familias da provincia afectadas por este desmantelamento”. Gil destapou o deterioro das listas de agarda dos nenos e nenas ourensáns –xa agardan mais días que en Vigo cando en 2014 a situación era a contraria– e os incumprimentos do suposto servizo compartido co hospital de Vigo, que non está a funcionar tal e como o anunciou o Sergas posto que non se está a desprazar un cirurxián todas as semanas.

É a terceira vez que un asunto relacionado con este servizo médico chega o pleno provincial e o PP volveu dar as costas ós nenos e nenas de Ourense afectados. Hai un mes, na sesión de xuño, o PP tumbou o debate deste desmantelamento do Complexo Hospitalario Universitario, rexistrado de forma urxente, xa que os socialistas consideraron que este grave problema debía obter unha resposta inmediata de todas as institucións públicas da provincia.

Comparativa servizos cirurxía pediátrica
Comparativa dos servizos cirurxía pediátrica nas principais cidades de Galicia

 

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s