concellos INICIATIVAS

O PP usa artimañas para non admitir que prefire repartir fondos públicos a dedo

O PSOE TILDA DE MANOBRA DE DISTRACCIÓN A TENTATIVA DE BALTAR DE EVITAR O DEBATE SOBRE O PLAN ÚNICO MEDIANTE O ATAQUE Á FEGAMP

Os socialistas cren que o PP se viu acurralado ó presidir o único goberno provincial galego que non aplica un reparto equitativo dos fondos públicos entre os concellos

Baltar e o goberno pretenden eludir o feito de que soamente lle dedican un 6% dos orzamentos á cooperación cos concellos da provincia e que prefiren seguir repartindo a dedo

 Ourense, 7 de agosto de 2017. O PP usa unha manobra de distracción na Deputación para non afrontar que son o goberno provincial que menos gasta en cooperación cos concellos que ten a obriga de asistir. A presentación dunha emenda á moción conxunta da oposición para poñer en marcha un plan único de reparto non discriminatorio, ten como obxecto pasar o rodelo da súa maioría e diluír un debate moi necesario. Segundo indica Francisco Fraga, portavoz socialista na Deputación: “O goberno popular, ás ordes de Manuel Baltar, é incapaz de confrontar a realidade de sermos a única provincia que non ten un plan de cooperación equitativo e non discriminatorio cos concellos e prefiren seguir repartindo os fondos públicos de xeito discrecional e arbitrario a través de subvencións nominativas en función da cor política e da afinidade dos alcaldes”.

A estratexia do PP para non ter que asumir que dedican un mísero 6% dos orzamentos a cooperar cos concellos ourensáns, é a de atacar a unha institución, a FEGAMP, que defende os intereses dos municipios, incluídos os gobernados polos populares. “A xogada non pode ser máis burda, denuncian os socialistas, usando cuestións que non aportan solución algunha ó verdadeiro problema: o trato discriminatorio que reciben os concellos da provincia de Ourense”. No vindeiro pleno extraordinario, solicitado pola oposición ó completo, os populares teñen que recorrer a este tipo de manobras para non entrar no fondo do asunto e recoñecer que a súa xestión á fronte da Deputación é nefasta para os intereses dos  concellos e, xa que logo, dos veciños e veciñas dos mesmos.

Sen embargo por moito que dende o PP se empeñen en obviar os feitos, a realidade é máis teimuda e fala de que Ourense é a única provincia sen un instrumento de reparto de fondos baseado en criterios obxectivos e equitativos. Ourense é, asemade, a única provincial galega que dedica menos dun 25% do seu orzamento total á cooperación cos concellos a través dun plan único. Do mesmo xeito, Ourense é a única das provincias do país que segue suxeita a criterios de reparto entre os concellos de xeito discrecional e discriminatorio, baseados na dedocracia de Baltar. O goberno do PP só sabe facer as cousas dunha maneira, mediante sucesivas modificacións de crédito nas que se outorgan subvencións nominativas a concellos amigos, gobernados por alcaldes ou alcaldesas populares. Este sistema, propio do antigo réxime, condena ós concellos a vivir pendentes de esmolar axudas no Pazo provincial ante o presidente. Non é de estrañar que Baltar siga preferindo un método que obriga ós alcaldes a unha total dependencia da institución provincial, sen poder ter previsión algunha anual para decidir en que investir os fondos públicos recibidos.

Para os socialistas esta nova estrataxema do PP vén a reafirmar o que xa se sabía: que os populares entenden o poder como algo que lles é propio e fan un uso do mesmo partidista e interesado. No canto de debater a posta en marcha dun plan que fose verdadeiramente eficaz e inclusivo no reparto prefiren tirar pola tanxente e atacar unha institución onde eles mesmos aprobaron uns criterios obxectivos á hora de conceder axudas públicas. Dende o PSOE aseguran que pese ó empeño do goberno popular de evitar un debate democrático no que leva as de perder, non van permitir que se desvirtúe o verdadeiro fondo da cuestión e van esixir que se poña en marcha de xeito inmediato un plan de reparto igualitario e xusto cos concellos da provincia.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s