INICIATIVAS

A Deputación retira, grazas ó PSdeG-PSOE, a medalla de ouro concedida a Franco

A DEPUTACIÓN DE OURENSE RETIRA, GRAZAS A UNHA INICIATIVA DO PSDEG-PSOE, A PRIMEIRA MEDALLA DE OURO DA PROVINCIA OUTORGADA A FRANCISCO FRANCO EN XULLO DE 1957 QUE, VERGOÑENTAMENTE, AÍNDA SEGUÍA VIXENTE

A pesar de que Baltar presume  de ser o campión da democracia e o defensor máximo da provincia, tivo que ser o PSdeG-PSOE o que propuxo esta importante cuestión

Ourense, 28 de xullo de 2017. Tras 60 anos de vergonza pública para todo Ourense, a Deputación retirou hoxe a medalla de ouro da provincia outorgada ó ditador golpista, Francisco Franco, en xullo de 1957. A pesar de Baltar presume  de ser o campión da democracia e o defensor máximo da provincia, tivo que ser o PSdeG-PSOE o que propuxo esta iniciativa tras investigar, polo miúdo, no arquivo da Deputación ata atopar as actas nas que se da conta da concesión ó ditador da primeira medalla de ouro de Ourense. A retirada desta honra foi adoptada co voto afirmativo de todos os grupos da corporación e, a petición dos socialistas, o pleno gardou un minuto de silencio en honra ás vítimas do golpe de estado e da posterior ditadura.

Durante o pleno provincial do mes de xullo, o portavoz provincial, Francisco Fraga, explicou que “as institucións públicas deben ter un posicionamento claro de condena do golpe de estado, da ditadura franquista e da brutal represión que sufriron miles de persoas durante aqueles anos”. Fraga concluiu que “non hai mellor maneira de amosar ese compromiso das institucións de xeito público que retirar o meirande recoñecemento que se pode outorgar dende esta institución ó máximo responsable da ditadura fascista”.

acta medalla ouro franco
Acta de 1957 na que se da conta da concesión da medalla de ouro a Franco

O exercicio da memoria histórica é unha obriga que se adquire coas vítimas e coas familias dos represaliados e represaliadas, nesta provincia, por parte daquel réxime brutal. Os socialistas defenden que “non se nos ocorre mellor maneira de demostrar compromiso público e unánime con estas persoas que a retirada, ó máximo responsable daquel réxime, da meirande distinción que pode outorgar esta institución”. “Foi a primeira medalla de ouro da provincia imposta e vai ser a última en ser retirada”, asegura o portavoz dos socialistas.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s