INICIATIVAS SERVIZOS PÚBLICOS

O PSdeG-PSOE leva á Deputación o ataque da Xunta contra a área sanitaria de Valdeorras

O PSDEG-PSOE DA DEPUTACIÓN IMPULSA UNHA INICIATIVA PARA PARALIZAR A NEGATIVA REFORMA DA LEI SANITARIA DE GALICIA QUE O PP QUERE IMPOÑER POLA FORZA                                                                

A Xunta pretende modificar unilateralmente o mapa sanitario ó suprimir a área sanitaria de Valdeorras para concentrar a atención pública no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

O deputado, Miguel Baustita, destaca que a supresión que o PP quere facer “as agochadas e sen consenso é un novo ataque contra os servizos públicos que dereita quere desmantelar”

Ourense, 18 de agosto de 2017. A inmediata retirada do anteproxecto de modificación da Lei 8/2008 do 10 de xullo de saúde de Galicia e consenso. Iso é o que reclama a moción que o PSdeG-PSOE da Deputación de Ourense acaba de rexistrar para o seu debate no vindeiro pleno de setembro. Os socialistas queren que a institución provincial se posicione do lado dos veciños e veciñas da provincia afectados polo recortazo que o PP quere impoñer pola forza, sen falar cos afectados e as agachadas ó suprimir, entre outras, a área sanitaria comarcal de Valdeorras.

A reforma da lei e o mapa sanitario de Galicia iniciada o pasado dous de agosto pola Xunta, sen previo coñecemento por parte do sector sanitario, inclúe unha serie de modificacións de moito calado que afectarán negativamente ós servizos e recursos que prestan os profesionais sanitarios no hospital valdeorrés e, tamén, noutras tres comarcas galegas. Os socialistas queren parar esta decisión unilateral para analizar a situación e acadar consenso nas modificacións, no caso de ser necesarias.

O deputado provincial e alcalde de Petín, Miguel Bautista, destaca que a supresión que o PP quere facer “as agochadas e sen consenso é un novo ataque ós servizos públicos que dereita sempre quixo desmantelar” e recorda que “segundo a meirande parte dos profesionais do sistema sanitario, esta modificación é un erro pois implicará a perda progresiva de servizos nos hospitais comarcais”. Bautista denuncia que o novo modelo da Xunta pasa por deixar “hospitais de segunda que se converterían en grandes ambulatorios que non terían a capacidade sanitaria e operativa que requira unha sanidade pública de calidade”. “Hai zonas de Valdeorras que quedarían a dúas horas dos hospitais de referencia en Ourense”, advirte o deputado. “É necesario un debate sosegado que acade o consenso de todos e todas”, conclúe.

A moción presentada na Deputación reclama “a retirada do anteproxecto de lei de modificación da Lei 8/2008 do 10 de xullo de saúde de Galicia” así coma “desenvolver e dotar de orzamento á  actual Lei de Saúde”. A iniciativa tamén propón a creación dun grupo de traballo “que inclúa a representantes de todos os partidos políticos con representación no Parlamento, Fegamp, sindicatos, asociacións de pacientes, colexios profesionais da sanidade e outros colectivos de relevancia no eido sanitario galego, para determinar as posibles necesidades de modificación da lexislación sanitaria”. Este grupo de traballo deberá elaborar “un informe de conclusións que será de acceso público e que proporá as posibles melloras normativas no sistema sanitario galego, de ser precisas”.

A modificación que a Xunta de Galicia quere impoñer de xeito unilateral na Lei de Saúde e no mapa sanitario suprimirá as áreas sanitarias de Salnés, Mariña Lucense, Monforte e Valdeorras. Esto implicará a perda de servizos en favor da concentración nos grandes complexos hospitalarios das sete cidades galegas.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s