ESPAZO RURAL

A vergoñenta ourensanía de postureo de Baltar ante as vagas de lumes intencionados

Nas últimas semanas estanse a producir, na provincia de Ourense, un ano máis, vagas de grandes lumes intencionados que están a arrasar miles de hectáreas; que provocaron a evacuación de persoas e animais en aldeas e vilas; que cortaron o tráfico e atraparon a conductores en estradas e na autovía das Rías Baixas e que obligaron a decretar a situación dous de alerta en varios municipios, o que implica risco para as personas.

Mentres o desastre se estende novamente por toda a provincia, a Xunta de Galicia volve ocultar, por noveno ano consecutivo, os datos e as cifras de todos os lumes que se producen na comunidade, xa que so informa ós medios de comunicación e a cidadanía dos lumes superiores ás 20 hectáreas. Pola contra, a Junta de Castilla y León, tamén en mans dos conservadores do PP, emite varios partes diarios informando con todo luxo de detalle de absolutamente todos os lumes que se producen no seu territorio.

A que xoga a Xunta do PP ocultando información sobre todos os lumes?

Por que Baltar está calado ante o desastre en Ourense?

Unha vez máis, ourensanía de postureo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s