INFRAESTRUCTURAS

Esiximos á Deputación que se deixe de lacazanear e entregue os informes que Adif reclama

O PSDEG-PSOE ESIXE A DEPUTACIÓN QUE DEIXE DE LACAZANEAR E SE POÑA A TRABALLAR XA PARA ENTREGAR Ó ADIF OS INFORMES DAS ESTRADAS ESTRAGADAS POLAS OBRAS DO AVE

Os informes que a Deputación de Ourense aínda non remitiu ó Adif son son o único trámite que resta para poder executar os traballos adxudicados hai oito meses

O deputado e alcalde de Castrelo do Val, Vicente Gómez, presentou un escrito a semana pasada no que demanda a entrega inmediata dos documentos despois de ter coñecemento das queixas do Adif

Ourense, 28 de agosto de 2017. O PSdeG-PSOE esixe á Deputación de Ourense que deixe de lacazanear e se poña a traballar para entregar, dunha vez por todas, ó Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), os informes técnicos precisos para proceder o arranxo das estradas da provincia estragadas polas obras do tren de alta velocidade. E que, hai uns días, os socialistas souberon que o Adif leva meses agardando a que a Deputación faga o seu traballo e plasme en varios informes as necesidades de cada estrada da súa titularidade. É o único trámite que resta despois de que xa adxudicasen as obras en decembro de 2016.

O deputado provincial e alcalde de Castrelo do Val, Vicente Gómez, presentou un escrito no rexistro da institución provincial, a pasada semana, no que reclama celeridade porque a maquinaria está a agardar pola Deputación. O escrito solicita que a Deputación “remate e remita de inmediato ó Adif, os traballos técnicos que lle foron solicitados, para proceder á reparación dos danos provocados polos empresas contratistas das obras”. De feito, o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias ven de plasmar nun comunicado público que “está á espera dos correspondentes informes da Deputación Provincial de Ourense” e “cando se reciban, os proxectos redactaranse nun prazo estimado de mes e medio”.

Gómez advirte de que “o estado destas vías supón un importante risco de seguridade para os veciños e veciñas dos concellos afectados” e recorda que “hai tempo que a Deputación de Ourense aprobou en pleno demandar a reparación dos danos provocados polos obras do tren de alta velocidade” polo que “non se entende esta preguiza ante un asunto que preocupa a moitísimos concellos”. “O que fai falta son menos selfies nas redes sociais e mais traballo”, asegura o deputado provincial.

Adif adxudicou por 5,2 millóns ó holding público empresarial Tragsa, a reparación das estradas afectadas polas obras de construción da liña de alta velocidade entre Madrid e Galicia, que discorren polos concellos de Vilariño de Conso, A Gudiña, Castrelo do Val, Laza, Vilar de Barrio, Sarreaus, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, Paderne de Allariz e Taboadela, cun un prazo de execución de 12 meses. Aínda que as obras xa comezaron nalgúns pequenos tramos, a meirande parte das estradas seguen estragadas e xerando importantes problemas de seguridade e mobilidade ós veciños e veciñas dunha ducia de municipios.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s