INFRAESTRUCTURAS recortes

O Goberno de Rajoy atrasa obras do AVE mentres o PP provincial cala e da palmas polas festas

O GOBERNO CENTRAL DO PP ATRASA OUTRA VEZ AS OBRAS DO AVE EN OURENSE INCUMPRINDO NOVAMENTE OS PRAZOS PUBLICADOS NO DIARIO OFICIAL DA UNIÓN EUROPEA

O portavoz, Francisco Fraga, denuncia que a parálise do Goberno central coas infraestruturas de provincia é “vergoñenta” mentres “o PP ourensán cala e pasea dando palmas polas festas da provincia”

Os socialistas sospeitan que a elevada inversión ‘provisional’ para o vello trazado (80 millóns) entre Taboadela e Ourense realmente converterá en solución definitiva a vía que parte a cidade en dous

Ourense, 31 de agosto de 2017. Un novo atraso que impedirá cumprir os prazos do Goberno central volve sacudir as obras do tren de alta velocidade (TAV) en Ourense. Hoxe remata o mes de agosto e o ramal de conexión entre a liña de alta velocidade e a liña convencional en Taboadela, non foi licitado, tal e como detallaba o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) nun anuncio publicado no Diario Oficial da Unión Europea o 14 de abril. É o segundo atraso mensual que se produce nesta obra tras incumprir a data de inicio do procedemento durante o segundo trimestre de 2017.

anuncia_doue_ave

De feito, durante o mes de agosto, o Adif non licitou ningunha actuación relacionada coas obras pendentes do tren de alta velocidade na contorna da cidade de Ourense. Nin a adaptación da vella vía convencional para trens de alta velocidade nin o novo tramo de 17 kilómetros entre Taboadela e a estación Ourense-Empalme recibiron impulso algún. “A parálise aplicada polo Goberno central ás infraestruturas da provincia de Ourense é vergoñenta, pero o mutismo do PP da provincia ante estes ataques é aínda mais bochornoso”, denuncia o portavoz provincial do PSdeG-PSOE, Francisco Fraga. “Non hai obras, non hai licitacións e o único que hai son un carrusel de atrasos do Goberno mentres o PP ourensán cala e pasea polas festas da provincia dando palmas”, asevera.

Segundo aquel anuncio, o inicio do procedemento para a licitación debería ter sido durante o segundo trimestre do ano, para proceder a súa adxudicación no terceiro trimestre. Sen embargo o terceiro trimestre avanza cara o seu fin e as licitacións ni están ni se las espera. As obras comezarían no último trimestre de 2017, rematando un ano despois, co fin de facer probas técnicas para poder cumprir a promesa política de que o primeiro tren AVE chegue en 2019. Este ramal custará 7,1 millóns de euros (IVE incluído) e permitirá ós trens de alta velocidade –que unicamente poden circular por vías de ancho estándar– chegar a estación de Ourense polo vello tramo convencional, que vai ser electrificado, protexido e adaptado cunha inversión que supera os 80 millóns de euros. “Parecen moitos cartos para ser algo provisional”, advirte novamente o portavoz socialista, alertado polos atrasos e a ausencia de explicacións.

Atraso deliberado do novo trazado entre Taboadela e Ourense

“O desleixo do Ministerio de Fomento coas infraestruturas da provincia de Ourense, inmersas nun continuo festival de atrasos e rebaixas dende a chegada do PP é bochornoso e inaudito”, asegura Fraga. O portavoz do PSdeG-PSOE recorda que “o novo tramo de alta velocidade entre Taboadela e Ourense xa  conta con aprobación medioambiental favorable e, polo tanto, as obras destes 17 kilómetros poden ser licitadas e adxudicadas de inmediato. Sen embargo o PP, nos orzamentos do Estado, tamén adiou a licitación, como mínimo, ata 2019”. “Deberían explicar as causas dese atraso ou se realmente o que pretenden e non facer a variante nunca”, insiste.