ESPAZO RURAL

Estas son as consecuencias da parálise do PP ante a seca que arrasa Ourense

Cando comezou o verán propuxemos na Deputación de Ourense a adopción de medidas urxentes para loitar contra a seca. Baltar pasou do tema e agora gandeiros e veciños están a sufrir as consecuencias do pasotismo do PP e da #ourensaniadepostureo

A seca está a afectar negativamente ó agro galego pois, dende hai semanas, moitos gandeiros están a abastecerse de auga para alimentar os seus animais nos puntos habilitados para a extinción de incendios. Era necesario chegar a isto? De feito,  a Consellería do Medio Rural xa estuda medidas ante a situación de escaseza de auga que estamos a sufrir. A provincia de Ourense, segundo indican os expertos, é a mais afectada e sufrirá, a partir de outubro, unha vaga de importantes restriccións no consumo da auga xa que, polo de agora, non están previstas grandes choivas que lle den a volta a a grave situación de escaseza de auga nos encoros.

O PP de Ourense pasou do tema durante o pleno provincial do mes de xuño, no que os socialistas propuxemos adoptar una batería de medidas urxentes ante as alertas que as confederacións hidográficas do Miño-Sil e do Duero viñan facendo durante todo o inverno. Pero Baltar non quixo. E, agora, mentras os ourensáns sufren as consecuencias daquela decisión que tumbou a moción do PSdeG-PSOE, os populares ourensáns levan todo o verán de festa en festa, sen facer absolutamente nada.

Esta é a súa ourensanía?

Esta é a provincia que quere o PP?

#ourensaníadepostureo