O PSdeG-PSOE PREGUNTA POR UN SOBRECUSTO DE 15.000 EUROS NA SEGUNDA MISIÓN EMPRESARIAL DE AMERICANOS NA PROVINCIA DE OURENSE ORGANIZADA POR BALTAR
Baltar autorizou un gasto extra de 15.000 euros públicos que hai que sumar ós 200.000 que xa pagou a Advanced Leadership Foundation, a organizadora do evento
Os socialistas reclaman os detalles deste gasto agochado entre decenas de decretos da presidencia da Deputación e as facturas asociadas ó mesmo
Ourense, 6 de outubro de 2017. Unha misión de empresarios americanos na provincia que custou 200.000 euros públicos á Deputación Provincial de Ourense a que lle descubrimos un sobrecuste de 15.000 euros pagados a Advanced Leadership Foundation, a fundación presidida polo consultor, Juan Verde, que organizou o evento.
Iso é o que está a indagar o PSdeG-PSOE da Deputación de Ourense tras atopar unha autorización da execución dun gasto de 15.000 euros “para sufragar os custos derivados da realización de diversos actos en distintas sedes da deputación”, con motivo da celebración desa segunda ‘Trade Mission’ da que, para colmo, o Goberno do PP da Deputación ainda non detallou polo miúdo o seu retorno económico para a provincia, a pesar das insistentes pregunas plantexadas. Os socialistas reclaman os detalles deste novo malgasto do PP, agochado entre decenas de decretos da presidencia da Deputación así como as facturas asociadas ó mesmo.