INFRAESTRUCTURAS POLÍTICA PROVINCIAL

Solidarizámonos coa veciñanza de Vilamartín de Valdeorras

OS DEPUTADOS E DEPUTADAS DO PSDEG-PSOE NA DEPUTACIÓN FAN UNHA SENTADA EN SOLIDARIEDADE COA VECIÑANZA DE VILAMARTÍN ILLADA POLO DERRUBAMENTO DUNHA ESTRADA

Os socialistas solidarízanse simbolicamente coa veciñanza e co rexedor desde municipio, xa que consideran que a solución a este problema debería estar en marcha desde hai moito tempo

Protestan contra a desidia dos gobernos dos baltares ante un veciños e veciñas da comarca de Valdeorras marxinados desde que comezaron os derrubamentos hai un cuarto de século

Ourense, 9 de marzo de 2018. Os deputados e deputadas do PSdeG-PSOE da Deputación de Ourense fixeron este mediodía unha sentada reivindicativa na entrada principal do Pazo Provincial, en solidariedade cos veciños e veciñas de San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras), illados a causa do derrubamento da estrada OU-0807, de titularidade provincial. O rexedor socialista, Enrique Álvarez, iniciou esta semana un peche indefinido no súa casa do concello, ata que a Deputación comprometa con seriedade o arranxo da estrada, intransitable e con serio perigo de derrubamento total desde hai lustros a causa dos desprendementos na ladeira da montaña.

Sentada protesta San Vicente

Desta forma, os deputados e deputadas provinciais solidarízanse simbolicamente coa veciñanza e co rexedor, xa que consideran que a solución a este importante problema de accesibilidade e seguridade para máis dun cento de persoas, debería estar en marcha desde hai moito tempo. Os socialistas recordan que a xestión e conservación desta vía é responsabilidade exclusiva da Deputación e, por iso, claman contra a desidia dos gobernos caciquís de José Luis e Manuel Baltar, ante un veciños e veciñas da comarca de Valdeorras absolutamente marxinados desde que comezaron os problemas, hai agora un cuarto de século.