FONDOS PÚBLICOS POLÍTICA PROVINCIAL

Os socialistas alegan contra o premio do PP a un alcalde franquista

DENUNCIAMOS QUE BALTAR IMPULSA A REFORMA DUNHA RÚA QUE HONRA Ó DITADOR FRANCO CUN CONTRATO A DEDO E INCUMPRINDO A LEI DE MEMORIA HISTÓRICA

Elvira Lama denuncia que Baltar “é complice e cooperador necesario desta nova patada á democracia, premiando a un alcalde que presume orgulloso dunha ditadura asesina”

Os socialistas alegarán o plan de obras para que “se proceda, se fose o caso, a modificar o acordo inicial en base ás alegacións expostas, somenténdoo a un novo debate plenario”

Ourense, 8 de xaneir de 2018. O PSdeG-PSOE denuncia que Manuel Baltar pretende reformar a rúa principal do municipio ourensán de Beade que honra ó ditador, Francisco Franco, mediante un contrato outorgado a dedo e incumprindo a Lei de Memoria Histórica. O investimento de 48.000 euros –o importe máximo permitido para poder adxudicar un contrato menor– está incluído dentro do plan provincial de cooperación ás obras e servizos para o ano 2019, aprobado ás presas durante o último pleno, permitirá a mellora do saneamento da rúa do ‘Caudillo’ cuns fondos aportados integramente pola institución presidida polo PP.

Os socialistas recordan que o goberno local de Beade incumpre reiteradamente e adrede, desde hai unha década, a Lei de Memoria Histórica aprobada pola maioría absoluta das Cortes. O artigo 15 recolle expresamente que “as Administracións públicas tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura”, e sinala expresamente que “entre estas medidas poderá incluírse a retirada de subvencións ou axudas públicas”.

A portavoz provincial, Elvira Lama, denuncia que Baltar “é complice e cooperador necesario desta nova patada á democracia, premiando a un alcalde que presume orgulloso dunha ditadura asasina”. “O PP de Ourense abraza ó alcalde de Beade e no lugar de esixirlle que, dunha vez por todas, cumpra as leis democráticas, regao con decenas de miles de euros a pesar de que leva unha década negándose a cambiar o nome da rúa que honra a un golpista”, asevera Lama. “É vergoñento que pretendan premiar a un alcalde franquista, polo que é necesario que actuemos ante a insistencia dos conservadores en vilipendiar e pisotear a recuperación dunha memoria que é de todos”, insiste. Lama matiza que o PSdeG-PSOE “non están en contra de que se executen obras para a mellora dos servizos á veciñanza, mais asegura que estas obras deben executarse cando o alcalde deixe de incumprir a lei”.

Ante estes deplorables feitos, os socialistas xa presentaron alegacións a este plan provincial de cooperación ás obras e servizos en canto foi publicado no Boletín Oficial da Provincia. Na alegación demandan “que se retire a achega concedida de 48.000 euros destinada á obra proposta polo Concello de Beade (mellora do saneamento na rúa Caudillo) en base ao incumprimento manifesto desta proposta do artigo 15.1 da Lei 52/2007, de 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor de quen padeceu persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura”.

A alegación do PSdeG-PSOE quere devolver a institución provincial á senda da legalidade, e lograr así que Manuel Baltar deixe de ser, unha vez máis, un rebelde da lei, xa que “a Deputación de Ourense, en cumprimento do artigo referido e, sobre todo, para facer cumprir o precepto de que se aplicarán medidas de retirada de subvencións ou axudas públicas, deberá executar esta retirada para non incorrer nun incumprimento da normativa vixente”. Así pois, esixen que “se proceda a súa valoración e se proceda, se fose o caso, a modificar o acordo inicial en base ás alegacións expostas, somenténdoo a un novo debate plenario”.

alcalde_beade
 O rexedor popular presume habitualmente nos medios (imaxe dunha nova de El Confidencial) das súas loas ós golpistas fascistas e ó ditador Franco
alegacion_plan_obras2019
alegacion_plan_obras2019