CORRUPCIÓN POLÍTICA PROVINCIAL

A lista de viaxes secretas de Baltar

O PSdeG-PSOE na Deputación de Ourense denuncia que Manuel Baltar oculta reiteradamente con evasivas, mentiras e circunloquios, o detalle dos evidentemente desorbitados custes e os pírricos logros da súa xira de viaxes por España e polo mundo, pagadas con cartos públicos.

Desta forma os socialistas revelan que Baltar oculta o custe e acompañantes de 34 viaxes, declaradas secretas polo goberno provincial do PP, posto que non ofrecen ningún dato económico. Tamén ocultan os acompañantes e logros doutros tantos paseos dos que só inclúen datos parciais e manipulados, a todas luces irreais posto que, por exemplo, pretenden colar como real un custe de 50 euros para unha viaxe de dous días a Madrid.

Os socialistas rexistran 64 preguntas para que o presidente da Deputación detalle datos de 34 viaxes sen datos e para que expoña as cifras reais doutros tantos paseos con datos incompletos. A portavoz, Elvira Lama, denunciou estaa semana que “os paseos de Baltar ó longo e ancho deste mundo nos saen nunha salsa”, logo de detallar que, á espera de poder facer o cálculo completo de todo o mandato, soamente entre os anos 2016 e 2017 pagou 132.000 euros públicos en viaxes.

Esta é a lista de viaxes de Baltar. En vermello as viaxes secretas e en amarelo as que teñen información manipulada:

viajes_baltar