Denuncias PREGUNTAS

Baltar volve ocultar os custes de 64 viaxes polo mundo

O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN OFRECE INFORMACIÓN SESGADA SOBRE O SEU TOUR DE VIAXES SECRETAS E NON CONCRETA O GASTO DE NINGÚN DOS SEUS 64 PASEOS PAGADOS CON CARTOS PÚBLICOS

Elvira Lama anuncia que esixirán novamente unha resposta clara e concisa con custes detallados trala negativa do presidente da Deputación a detallar os custes de cada viaxe

O espazo de transparencia asegura que en 2016 gastaron 5.367 euros en viaxes pero realmente pagaron 60.782 euros a tres axencias de viaxes. No 2017 falan de 7.917 euros gastados en viaxes, máis os pagos a axencias alcanzan o 71.532 euros

Ourense, 25 de xaneiro de 2019. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, ocultou outra vez os custes concretos das viaxes, entre outros destinos, a Brasil, Israel, Estados Unidos, Madrid ou Ibiza, pagados con fondos públicos. O líder do goberno provincial insistiu en manter como secretos os custes da meirande parte deses paseos e ofreceu outros datos manipulados con gastos irrisorios e parciais. Baltar relatou durante o pleno ordinario de xaneiro a súa axenda pero non detallou nin un solo custe.

O PSdeG-PSOE denuncia que o presidente volveu ofrecer circunloquios para respostar ás 64 preguntas formuladas por rexistro, escudándose en mandar á oposición ó servizo de intervención para coñecer eses custes concretos.

Diferencias entre os gastos executados e os publicitados

A manipulación do PP no caso das viaxes é escandalosa. Así pois, o goberno provincial relata mediante o seu espazo de transparencia que as viaxes do ano 2016 só custaron 5.367 euros. Se embargo ese ano, segundo a información á que accederon os socialistas, pagaron 60.782 euros a tres axencias de viaxes. No 2017 afirman sumar 7.917 euros gastados en viaxes, máis os pagos a dúas axencias ese mesmo ano alcanzan o 71.532 euros.

Fronte a propaganda de Baltar que volveu falar de “transparencia máxima” e de cualificar como “abusiva” a petición de información dos socialistas, a portavoz e líder da oposición, Elvira Lama, anuncia que non van aceptar máis evasivas, escusas e circunloquios, polo que anuncian que seguirán a traballar para destapar as mentiras sobre o despilfarro en viaxes da Deputación Provincial. De non mudar a situación de reiterado bloqueo informativo, estudan emprender as accións oportunas para obrigar a publicar os datos ocultados.

Tweet de Baltar durante unha viaxe a Brasil