Denuncias POLÍTICA PROVINCIAL

O PSdeG esíxelle o PP que explique a paralización da variante do AVE en Ourense

O PSDEG-PSOE ESIXE EXPLICACIÓNS Ó PP POR TER PARALIZADA A PROPÓSITO A VARIANTE DO AVE DE OURENSE DURANTE TRES ANOS Ó NON EMITIR A XUNTA UN INFORME PRECEPTIVO

Os socialistas envían tres cartas ós actuais titulares das consellerías de Cultura e Infraestruturas, e á exministra de Fomento, Ana Pastor, ante os graves feitos descritos polo Tribunal de Cuentas

Reclaman explicacións polo “carrusel de reiteradas e sistemáticas paralizacións, suspensións e bloqueos entre 2012 e 2018” na varainte e polas “suspensións irregulares en toda a LAV entre 2014 e 2017”                       

Ourense, 12 de febreiro de 2020. O PSdeG-PSOE vén de reclamar por escrito á Xunta de Galicia e á exministra do PP, Ana Pastor, explicacións ante unha parálise deliberada na tramitación da obra do tramo de ferrocarril de alta velocidade Taboadela-Ourense, durante o periodo comprendido entre 2012 e 2018, entre outras cousas, pola falta dun informe preceptivo da Dirección Xeral de Patrimonio. Según destapa o Tribunal de Cuentas no seu informe número 1.348, “los trabajos comenzaron en julio de 2011, por lo que debieron finalizar en julio del año siguiente, ya que el plazo inicial de ejecución ascendió a doce meses, si bien, dicho plazo se incrementó en cuarenta y seis meses debido a la aprobación de ocho ampliaciones” y “otros 33 meses por tres suspensiones”.

Así pois, a tramitación deste tramo coñecido como variante de Ourense, foi iniciada en xuño de 2011, cun goberno do PSOE. Trala chegada do PP a ó Ministerio de Fomento a finais dese mesmo ano, a obra foi paralizada de forma reiterada en oito ocasións e suspendida tres veces, suspensión que non foi levantada definitivamente ata o mes de novembro de 2018, catro meses despois da volta do PSOE ó Goberno central.

O órgano fiscalizador destaca que “en octubre de 2016 la ampliación nº 8, que incrementó el plazo en cuatro meses, fue debida a que se encontraba pendiente del informe de la Dirección General do Patrimonio Cultural, preceptivo para la aprobación del proyecto de construcción” e denuncia que “para obtener la aprobación definitiva era necesario el informe favorable de la Consejería de Cultura de la Xunta de Galicia, que en marzo de 2019 aún no estaba disponible”.En tres cartas asinadas polo voceiro e secretario provincial dos socialistas, Rafael Rodríguez Villarino, e remitidas ós actuais titulares das consellerías de Cultura e Turismo, e á exministra de Fomento do PP, Ana Pastor, reclámanse explicacións ante este “carrusel de reiteradas e sistemáticas paralizacións, suspensións e bloqueos entre os anos 2012 e 2018, o que provocou recortes no investimento en Ourense e un desmesurado incremento nos prazos previstos”, segundo o informe de Cuentas.

Captura informe T Cuentas.png

Extracto do informe do Tribunal de Cuentas sobre a variante de Ourense

“Ao PSdeG-PSOE parécenlles moi graves os feitos descritos minuciosamente” polo órgano fiscalizador porque o “tramo entre Tabodela e a terceira cidade de Galicia”, do que actualmente se están a rematar os proxectos, “é fundamental para Ourense, debido a que permitirá liberar, para outros usos, o vello corredor ferroviario urbano e mellorar así a confortabilidad de viaxeiros e veciños”, e tamén para “a operatividade e a seguridade óptima da liña Madrid-Galicia, posto que o corredor urbano actual é de vía única e cuns radios de curva non admitidos pola normativa para trazados de alta velocidade”.

As misivas preguntan a cada un dos destinatarios a qué se deberon eses atrasos, suspensións e paralizacións durante tanto anos, así como polos seus silencios ante feitos de tanta gravidade. Tamén se interesan pola súa asunción de responsabilidades ante as irregulares relatadas no documento.

O líder socialista conclúe “agradecendo a súa atención” e trasladando “a nosa confianza en que analice en detalle esta preocupante situación e responda con premura ás cuestións expostas, xa os feitos descritos polo Tribunal de Cuentas, derivados de decisións políticas, son graves e provocaron importantes trastornos a Galicia”.