Concello de Ourense Política municipal

O PSdeG denuncia os anuncios electoralistas de Feijóo en Ourense

O PSDEG-PSOE DENUNCIA OS “ANUNCIOS ELECTORALISTAS” DO GOBERNO DE FEIJÓO SOBRE OS TERREOS DA ESTACIÓN DE AUTOBUSES E A “FALTA DE COMPROMISO” COA CIDADANÍA OURENSÁ POLA INTERMODAL

Noela blanco sinala a falta de compromiso coa política social, “a inversión de Feijóo nos orzamentos para residencias de maiores no Concello é o equivalente ao custe do servizo de limpeza da Cidade da Cultura”

Natalia González di que se trata só de un anuncio para demoler a actual estación á presa e facer o “pendello da intermodal” si ou si correndo unha  “cortina de fume”

Ourense, 17 de Febreiro de 2020. O PSdeG pídelle ao goberno de Feijóo que deixe de facer “electoralismo barato” como o anuncio da a execución da residencia de Maiores, financiada por Amancio Ortega nos terreos da actual estación de autobuses de Ourense realizados nas últimas semanas da man da súa Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, co único fin das vindeiras eleccións autonómicas do 5 de abril e o mantemento do “pendello” da nova estación de autobuses fumando o centro de saúde da Ponte. A Conselleira presentaba aos veciños as pasadas semanas a residencia aproveitando o video de outras cidades no que se podían ver habitacións con vistas á ría. Os socialistas sinalan que “as vistas á ría non seran tales non solo pola localización da cidade senón porque a parcela traseira da estación de autobuses é un “dos pelotazos do PP no PXOM” pasando o solar de solo rústico a solo urbano cun aumento da edificabilidade.

O PSdeG leva anos reclamando que na parcela que quedara baleira se realice “un parque público para desfrute de toda a veciñanza e das vivendas sociais da zona”, sinala a socialista, Noela Blanco. Quen deixou claros os dous impedimentos que existen para a execución da residencia e que a Xunta de Galicia parece “descoñecer”. Por unha parte atoparíase o “acordo do Concello de Ourense para que se sitúe o parque , o cal foi levado varias veces ao Parlamento e para o cal o “PP non puña impedimentos”, sinala Blaco. O outro impedimento é  a falta de compromiso de Feijóo coa política social- concretamente de Ourense- xa que o Presidente nos últimos anos “rexeitou as demandas de aumentar as plazas públicas das residencias de maiores ourensás”- onde hai unha cidadanía na que máis da terceira parte é maior de 65 anos. Blanco destaca que a inversión de Feijóo nas partidas orzamentarias para residencias de maiores no Concello é o equivalente ao custe do servizo de limpeza da Cidade da Cultura”- o que resulta unha cifra irrisoria.

Os socialistas tamén se preguntan “por qué é Amancio Ortega o que ten que financiar e facer a doazón” para custear a residencia”. Esta é unha ostra máis do “desleixo de Feijóo” quen é “incapaz de facer unha xestión orzamentaria” adecuada e teñen que rematar facendo os cidadáns o que él non é capaz. Dado que nos últimos orzamentos presentados pola Xunta non se recolle ningunha partida para a residencia de maiores sendo uns orzamentos “baleiros de proxectos”.

A parlamentaria insta  á Conselleira de infraestruturas, Ethel Vázquez, a que aclare o proxecto da residencia xa que declinou respostar ás preguntas do parlamento sobre a cuestión. E sinala que se trata só de un anuncio para demoler a actual estación á presa e facer o “pendello da intermodal” correndo unha  “cortina de fume”

Pola súa banda a vicevoceira do PSdeG no Concello, Natalia González, asegura que os prazos anunciados son “totalmente mentira” e sinala que o actual goberno de PP e Democracia Orensana “debería darlle á Xunta a información axeitada sobre a parcela”. González aclara que dita parcela figura no rexistro da propiedade como que “é do Concello de Ourense o que impide á Xunta de Galicia  “actuar sobre ela”. Ademais, resalta que o “único uso ao que se pode destinar é ao de estación de autobuses” tal e como figura no  contrato de cesión do ano 1985 na que os propietarios a cedían con ese fin, nin sequera como residencia ou “equipamento dotacional”. Situación que descoñece a concelleira de Urbanismo, Sonia Ogando, tal e como ven asegurando nas últimas Xuntas de Área.

A vicevoceira recoméndalles o goberno local que se “empapen da realidade da cidade e que sexan responsables” recuperando o “espazo atrincherado” polas vivendas e a estación  para “uso público” nunha ubicación que é a porta de entrada do termalismo da cidade.

González recorda que hai un ano o goberno de Jesús Vázquez regalou “unha parcela á Xunta para realizar a residencia de maiores” na zona do Vinteún e que agora parece quedar baleira.