Concello de Ourense Denuncias Política municipal

PP e DO xogan o monopoly coa xestión urbanística da cidade de Ourense

O PSDEG-PSOE DE OURENSE DENUNCIA O “XOGO DO MONOPOLY” QUE REALIZA O BIPARTITO DE PP E DO COA XESTIÓN URBANÍSTICA DA CIDADE PARA FAVORECER OS SEUS INTERESES

Rafa Villarino sinala o feixe de maniobras que o único que fan é “ocultar o negocio” que se consolidará coa integración da concelleira, Flora Moure, nas listas da Xunta para que poda volver o gran Muñidor do PXOM, Xosé Cudeiro”

Natalia González  destaca as controversias que se dan entre o PP e DO polas liñas roxas que sinala o alcalde no PXOM e anuncia que os socialistas estarán vixiantes á xestión urbanística da cidade

Ourense, 21 de Febreiro de 2020. O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia que o grupo de goberno do Concello formado por PP e Democracia Orensana realice unha xestión urbanística dos proxectos da cidade a base de “ocorrencias” e de favorecer os intereses duns poucos; coma se “estivesen a xogar ao Monopoly”. O grupo socialista sinala a conivencia necesaria do actual Alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, para  a aprobación do PXOM “dos pelotazos de Cudeiro” – coma el mesmo salientaba- despois da retirada do recurso interposto no TSXG polos concelleiros de DO antes das eleccións municipais, o cal non fai máis que ratificar o “pacto da vergoña” e falta de un proxecto de cidade propio e pensado para os cidadáns.

O voceiro municipal, Rafa Villarino sinalou a “falta de importancia que ten o urbanismo” tanto para o Partido Popular e Democracia Orensana a que soamente lles interesa para  “xogar ao monopoly cambiando dólares por euros”- coma acontece no caso das Torres da Chavasqueiras as cales rematarán “custando miles de euros a tódolos veciños”.

O voceiro denunciou tamén que “despois de case un ano aínda está sen resolver por parte do grupo de goberno o recurso de reposición interposto” polos socialistas contra o PXOM antes das eleccións municipais. Un feixe de manobras que o único que fan é “ocultar o negocio” que se consolidará coa integración da concelleira de Termalismo, Flora Moure, nas listas da Xunta e que permitirá a entrada no Concello do “gran muñidor deste sistema urbanístico” do que o máximo artífice é o exconcelleiro, Cudeiro, quen xa asinara como director Xeral PXOM de Cabezas do 2003 e quen pretende deixar “todo o bulevar termal queda en mans de promotores con intereses”, sinala Villarino.

Pola súa banda a vicevoceira do PSdeG no Concello, Natalia González, puxo en valor que no ano 2013, os socialistas aprobaron de maneira inicial o PXOM cunha “exposición publica”. O cal sufriu un  “cambiazo” do PP no 2015 sendo aprobado pola “porta de atrás” e cambiando o modelo de xestión do solo por un “modelo de compensación” que prima aos promotores da cidade. Neses cambiazos atópanse 14 providencias asinadas polo exconcelleiro de urbanismo, Cudeiro, e nas cales se  “cambia a edificabilidade das parcelas para favorecer os intereses especulativos da cidade”.

O día antes da toma de posesión do novo mandato, o anterior goberno de Jesús Vázquez, remitiu a documentación da aprobación á Xunta “por medo a que se paralizase” o plan por un goberno novo, sinala Beneitez. Pasaron 7 meses desde que a Xunta requiriu nova documentación para completar a aprobación provisional.

Controversias entre o goberno de PP e DO polas liñas roxas do PXOM

A concelleira recorda que naquel momento DO presentou un “recurso contra a aprobación provisional” onde o actual alcalde dicía que o plan era “ilegal”. Recentemente o recurso foi arquivado polo TSXG dado que actualmente está dacordo co plan e Jácome limítase a falar das súas liñas roxas. Nas liñas roxas de DO atópanse o rañaceos da Finca Mariñamansa, para o cal non existe ningún informe de viabilidade, como asegura a concelleira de Urbanismo Sonia Ogando en Xunta de área remitindo de novo a alcaldía, mentres que o voceiro do goberno, Miguel Caride, fala de “ideas sen recorrido”.

A outra liña roxa, sinalada polo Alcalde son as Torres da Chavasqueira, contempladas no PXOM de cabezas- tirado abaixo polo “cambiazo dos planos”. Para Jácome as torres teñen que desaparecer no actual PXOM, sinala a concelleira quen solicitou  o “informe de impacto económico por non poder facer esas torres” e en urbanismo volven a derivar, unha vez mais a que é unha cuestión de alcaldía.

Os socialistas facendo un estudo das consecuencias do impacto das torres sinalan que  “estamos a falar dun montante aproximado de 10 millóns de euros das arcas públicas” que se lle terían que aboar á promotora. E cuestiónanse que nesas liñas roxas non se fala das providencias de Cudeiro para recalificar parcelas sen motivación aparente..

O concelleiro, Wilson Jones, asegurou que “quen realmente rixe o urbanismo segue sendo o PP” quen rexeita o desenvolvemento do termalismo da cidade recalificando dúas parcelas de solo rústico a urbano consolidado, na zona de Quintela e da Chavasqueira na que se prevía realizar o bulevar termal, a cambio de “intereses espúreos” que “poderían incurrir nun delito de prevaricación”.