INICIATIVAS Política municipal

Os socialistas de Leiro presentan medidas para paliar os efectos da Covid-19

O PSDEG-PSOE PRESENTA UNHA SERIE DE MEDIDAS E INICIATIVAS PARA LEVAR A CABO NO CONCELLO DE LEIRO POR MOR DA CRISE OCASIONADA POLO COVID-19

Con estas medidas os socialistas amosan o seu apoio á veciñanza e tamén ós sectores produtivos, autónomos e pequenas empresas ante a crise sanitaria que afecta a economía do país

O voceiro socialista, Manuel Rodríguez, agarda que estas medidas “se poñan en marcha coa maior celeridade e urxencia posible para facilitar o día a día do municipio e paliar os efectos da pandemia”

Ourense, 25 de marzo de 2020.  O PSdeG-PSOE ven de presentar unha batería de medidas e iniciativas para levar a cabo no concello de Leiro por mor da crise ocasionada polo COVID-19. Con estas medidas, os socialistas amosan o seu apoio á veciñanza e tamén os sectores produtivos, autónomos e pequenas empresas ante unha crise sanitaria que está afectando a economía en todos os recunchos do país.

O voceiro socialista, Manuel Rodríguez, agarda que estas medidas “se poñan en marcha coa maior celeridade e urxencia posible para facilitar o día a día do municipio e paliar os efectos da pandemia”. Dende o PSdeG-PSOE de Leiro mantéñense á espera da duración desta situación tan excepcional e agardando que esta iniciativa sexa concluída canto antes para tal e como subliñan “coñecer de primeira man a situación individual de cada veciño e negocio ou empresa”. Os socialistas tamén lle transmitiron o alcalde que os manteña informados dos casos e das medidas que se leven a cabo en Leiro con respecto o Covid-19, xa que consideran que “pór solución a situación en unha cousa de todos e todas e debemos estar máis unidos ca nunca ante unha pandemia que non fai distinción por cores” e amosan a súa disposición a “axudar no que faga falta ante a gravidade da situación”.  

Medidas do PSdeG-PSOE para levar a cabo no concello de Leiro:

1.- Dotar dun número de teléfono a disposición dos cidadáns para atender necesidades sobrevidas a causa do illamento e que estea operativo as 24 horas do día, os sete días da semana e non só en horario de oficina para atender demanda de alimentos ou medicinas.

2.- Habilitar mecanismos para o control sanitario de todo o persoal municipal que faga tarefas de reparto por domicilio de persoas que o precisen e tamén o resto de persoal.

3.- Garantir un subministro suficiente de material sanitario a todo o persoal municipal, especialmente ás traballadoras do servizo de axuda do fogar, xa que debemos velar pola seguridade e saúde das auxiliares e dos veciños/as como colectivo excepcionalmente sensible o Coronavirus.

4.- Tamén, que se leve acabo por parte do Concello e coa a máxima urxencia fórmulas para eliminar o cobro de impostos e taxas a comercios, hostaleiros e veciños/as que estean vendo prexudicada a súa actividade profesional durante este período de estado de alarma. O tempo que estean sen ingresos, os pagamentos o Concello sexan suprimidos definitivamente.

5.- Implantación de outras consideracións que por parte dos técnicos municipais que non vaian contempladas nesta solicitude e poidan ser de interese/axuda para a veciñanza.

6.- Do mesmo xeito, que o cobro de recibos por parte do Concello como tamén da Mancomunidade do Ribeiro domiciliados de cargo en conta se retrasen o máximo posible ata unha data acordada por cada organismo. Véxase IBI, lixo IVTM…

7.- Solicitude dun fraccionamento do IBI, sen intereses ou facilidade de adíalo nun período de tempo acordado e solicitando previamente o interesado/a.

8.- Que se proceda a publicación dun bando informativo a toda veciñanza e poñendo en coñecemento ás autoridades e servizos sanitarios de calquera incidencia que podar xurdir.

9.- Publicar un bando informativo sobre a utilización dos colectores (verde, azul e amárelo) para a súa utilización axeitada e non deixar cartóns,  vidro ou bolsas de lixo fora dos colectores, para así contribuír a levar unhas normas básicas de convivencia, decoro e limpeza ante o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo Covid-19.

10.-  Levar acabo a desinfección preventiva do entorno dos supermercados, farmacia, centro de saúde, centro de día, residencia de xeriatría, entidade bancaria, Correos, Concello, chacinarías, bares, restaurantes, parques infantís, colectores de lixo e mobiliario público.

Saúdos.