O GOBERNO CENTRAL OFRECEU 110 COMPARECENCIAS DE PRENSA E RESPONDEU A 1.020 PREGUNTAS DESDE A DECLARACIÓN DO ESTADO DE ALARMA
O executivo tamén compareceu en varias ocasións no pleno e nas comisións do Congreso para dar conta das súas actuacións e mantivo varios videobriefings informativos cos xornalistas
Os socialistas ourensáns destacan a “total transparencia do Goberno” fronte a “outros xeitos de presidentes agachados tras pantallas de plasma ou que evitan asistir durante semanas á sede parlamentaria”
28 de abril de 2020. O Goberno central ofreceu 110 comparecencias de prensa e respondeu a 1.020 preguntas dos medios desde que o Consello de Ministros aprobou a declaración do estado de alarma o pasado 12 de marzo, sen contar as decenas de preguntas que o executivo tamén tratou a través de videobreafings. Así mesmo, o executivo compareceu en varias ocasións no pleno e nas comisións do Congreso para dar conta das súas actuacións.
Desde o 12 de marzo ata o 26 de abril ofrecéronse en total 110 comparecencias con 1.020 quendas de preguntas ao presidente e outros membros do goberno. Ademais, realizáronse videobriefings informativos coa vicepresidenta Carmen Calvo o 14 de marzo, coa vicepresidenta Nadia Calviño e a ministra María Jesús Montero o 17 de marzo e coa ministra Yolanda Díaz o 18 de marzo. Realizáronse máis de 180 entrevistas de ministros do Goberno en medios de comunicación nacionais e internacionais. Adicionalmente, ata o 26 de abril, remitíronse 751 informacións e notas de prensa sobre o COVID-19.
INTERVINIENTE | COMPARECENCIAS | TURNOS DE PREGUNTA |
Presidente | 11 | 87 |
Ministros y ministras | 53 | 535 |
Técnicos | 46 | 398 |
TOTAL (*) | 110 | 1020 |
Os socialistas ourensáns destacan a “total transparencia do Goberno central en canto aos datos e actuación do executivo” durante esta fase da crise sanitaria provocada polo SARS-CoV-2. Insisten tamén en que esta é “a maneira de gobernar do PSOE, sempre en base á máxima transparencia e o sólido compromiso coa cidadanía”, fronte a “outros xeitos de proceder en materia de transparencia e información, onde os presidentes se agochan tras pantallas de plasma ou evitan asistir durante semanas á sede parlamentaria”.
(*) Sen contar videobreafings.