Denuncias Deputación de Ourense

Denunciamos que Baltar non negociou as “escasas” medidas que adoptou para a COVID-19

O PSDEG-PSOE RECLAMA “CONSENSO” E “RIGOR” Ó GOBERNO DE BALTAR TRAS PRESENTAR MEDIDAS “DE ESCASO CALADO” FRONTE Ó COVID-19 QUE NON NEGOCIOU COS GRUPOS DO OPOSICIÓN

Os socialistas votaron a favor de todos os puntos da orde do día do pleno extraordinario a excepción de dous: o expediente de modificación orzamentaria 2/2020 e a declaración de loito oficial na provincia

Ourense, 29 de abril de 2020. O PSdeG-PSOE reclamou hoxe “consenso” e “rigor” ó goberno provincial bipartito de Manuel Baltar e DO, durante o pleno no que a corporación convalidou algunhas medidas para facer fronte ó COVID-19 que os socialistas consideran “de escaso calado” e que tampouco foron negociadas cos grupos políticos. “Nesta toma de decisións botamos en falta diálogo co resto dos grupos co fin de consensuar estas propostas, xa non se puxeron en contacto con nós nin unha soa vez” e para “ser leais debemos ter voz”, sinalou o voceiro, Rafa Villarino quen tamén definiu as medidas como “escasas” antes de relatar como moitos concellos tiveron que adoptar medidas propias ante a inacción da Deputación de Ourense.

“Votamos a favor por responsabilidade aínda sen recibir ás veces a mesma actitude por parte deste goberno da Deputación”

Nacho Gómez

“Votamos a favor por responsabilidade aínda sen recibir ás veces a mesma actitude por parte deste goberno”, advertiu Nacho Gómez quen matizou que o PSdeG-PSOE “non vai facer na Deputación o mesmo que outros están a facer hoxe mesmo no Congreso”. “A actitude de cada un vai quedar perfectamente reflexada”, sinalou durante o debate da aprobación inicial das bases reguladoras do programa Benourense para o financiamento de gastos sociais derivados da epidemia. “Poderían haber tido conversas cos grupos”, insistiu.

Os socialistas votaron a favor de todos os puntos da orde do día a excepción de dous: o expediente de modificación orzamentaria 2/2020 e a declaración de loito oficial na provincia, debido a que o texto tampouco foi consensuado co resto dos grupos políticos e a que algunhas das estipulacións non cumpren coa normativa de protocolo.