Deputación de Ourense INICIATIVAS

Reclamamos a gratuidade do novo aparcadoiro do CHUO durante a crise sanitaria

O PSDEG-PSOE PIDE NA DEPUTACIÓN QUE SE INSTE Á XUNTA A QUE O APARCADOIRO DA SÚA TITULARIDADE NO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE OURENSE SEXA GRATUÍTO

Os socialistas demandaron que, unha vez rematada a alerta sanitaria, a Deputación ourensá inicie o procedemento para o rescate do parking da súa propiedade ubicado no recinto sanitario

Ourense, 29 de abril de 2020. O PSdeG-PSOE reclamou hoxe no pleno da Deputación Provincial que se inste á Xunta de Galicia a que o aparcadoiro de titularidade autonómica no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), ubicado baixo o novo edificio de hospitalización, sexa gratuíto durante a vixencia do estado de alarma debido á crise sanitaria provocada polo virus SARS-CoV-2. Igualmente demandou que, unha vez rematada a alerta sanitaria, a Deputación ourensá inicie o procedemento para o rescate do parking da súa propiedade ubicado no recinto sanitario.

Os socialistas xa reclamaron a comezos do mes de abril o acceso libre ó aparcadoiro da Deputación de Ourense no CHUO ,unha medida que foi adoptada polo goberno provincial bipartito de PP e DO pouco despois de ser difundida polo PSdeG-PSOE,

“Reclamaremos tamén o rescate do parking da Deputación no CHUO para que este beneficio se estenda a toda a cidadanía de Ourense”

Rafa Villarino

Ao respecto da condonación á concesionaria do parking de titularidade provincial situado entre o Hospital Universitario e o Hospital Santa María Nai, dos cánons anuais de 2020 e 2021 a modo de compensación pola supresión temporal de tarifas, o portavoz dos socialitas, Rafa Villarino, demandou unha “renegociación” do acordo que non considera “bo”, xa que os ingresos anuais da sociedade son moi elevados, por riba dos 600.000 euros anuais nos exercicios anteriores a 2020. “Esto abre a porta ó rescate do aparcadoiro da Deputación e nós estamos aquí para iso”, dixo o voceiro xa que “non somos menos que os de Lugo ou os de Vigo que sí teñen infraestruturas como esta pero gratuítas”.

CHUO hospital universitario Ourense vista aerea

“En próximas sesións fagamos que este beneficio que agora ten o persoal sanitario se estenda a toda a cidadanía de Ourense, xa que é unha vella demanda de todos e todas”, asegurou o portavoz antes de reclamar que tamén se inste a Xunta a que o aparcadoiro da súa titularidade no CHUO tamén sexa de acceso libre durante estas semanas.