Concello de Ourense ORZAMENTOS

Impulsamos un pacto de consenso na capital axustado ás necesidades actuais dos cidadáns

O PSDEG-PSOE DE OURENSE INSTA AO CONCELLO Á REALIZACIÓN DUN “PACTO DE CONTINXENCIA” PARA A SAÍDA DO COVID-19 E A REALIZACIÓN DUNS ORZAMENTOS AXUSTADOS ÁS NECESIDADES ACTUAIS

Villarino destacou que “os tempos cambiaron e deben cambiar tamén no Concello”. Deixar de actuar en solitario e ser un Concello que dea servizo á cidadanía e que tódolos grupos políticos participen na institución

Os socialistas- xunto con BNG- solicitaron a eliminación da votación dos orzamentos da orde do día do pleno para a reelaboración duns novos, “consensuados” e adaptados ás novas necesidades

Ourense, 30 de abril de 2020. No pleno extraordinario celebrado esta mañá no Concello de Ourense para a aprobación dos orzamentos municipais, os socialistas defenden que son uns orzamentos que máis aló de “alegais e insuficientes” como se indicou xa na súa aprobación inicial no mes de xaneiro, agora son “inútiles por desfasados” e non axustarse ás necesidades dos cidadáns debido á situación excepcional provocada pola crise do COVID-19.Situación na que concordaron tódolos grupos da oposición. Por elo solicitaron a eliminación da orde do día da votación dos orzamentos- de 103 millóns de €- para a súa reelaboración, unha medida apoiada polo grupo do BNG que foi rexeitada polo grupo de goberno e a abstención de Ciudadanos. Un pleno xustificado polo concello por a necesidade de implementar as partidas de benestar social, “insuficientes” en tódalas ocasións. Os orzamentos foron aprobados cos votos dos concelleiros de PP, Democracia Orensana e Ciudadanos e os votos en contra de PSdeG-PSOE e BNG.

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense plantexamos un “pacto de continxencia” para saír da crise provocada polo COVID-19 no que se conte con tódolos grupos políticos. Un pacto de “cooperación e responsabilidade” pedíndolle que todos “sexamos útiles para a xente”, tal e como afirmou o voceiro socialista, Rafa Villarino. A cidade témola que sacar “adiante entre todos” e o único que ten sentido é facer algo útil e emendar a realidade aportando “consenso e solucións”, salientou.

Villarino destacou que “os tempos cambiaron e deben cambiar tamén no Concello”. Pediu que o alcalde deixe de “actuar en solitario” e que Ourense comeze a ter un Concello que dea servizo á cidadanía e que tódolos grupos sexan partícipes na institución. Despois de que durante todo o “estado de alarma” non se contase con comunicación por parte do grupo de goberno, nin resposta algunha, tal e como aconteceu coa batería de medidas que os socialistas presentaron xa no mes de marzo.

En canto aos orzamentos, o voceiro destacou que o “único motivo real é traer a aprobación e que se diga que se aproban despois de moitos anos”. Os demais argumentos son “falaces”. Por elo dende o seo socialista defenden que se tratan duns orzamentos “inferiores” aos do ano 2014 e “obsoletos” por estar pensados para “un escenario que nada ten que ver” coa situación que estamos a vivir nestes momentos. Así mesmo, reclaman uns orzamentos “consensuados e adaptados aos colectivos vulnerables e de emerxencia social” que son os que máis van a sufrir o impacto da crise. Dicir que se trata dos orzamentos máis sociais non responde á verdade. Dado que no informe xustificativo se sinala que aumento da partida social é do 35%- e referido a unha partida aumentada únicamente pola aportación da Xunta en axudas á dependencia- e non do 85%, como sinalan dende o Concello. Por outra banda, a partida destinada a familias monoparentais “máis castigadas nesta situación” vai a caer un 80% e a de axuda no fogar en máis de 1millón e medio de €. Mentres o alcalde anuncia inversións millonarias en “obras públicas futuristas” deixando de lado aos cidadáns e comparando os presupostos cun “juego de maiorías” e desbotando as propostas do grupo municipal socialista por non coincidir co que queren levar a cabo no grupo de goberno.