Concello de Ourense Política municipal

Un ano de “feísmo político” de PP e DO en Ourense

O PSdeG-PSOE DE OURENSE FAI BALANCE DUN PRIMEIRO ANO DE “PROMESAS INCUMPRIDAS” DO GOBERNO BIPARTITO DE PP E D.O DE “ESPALDAS Á CIDADANÍA” E “SEN MODELO DE CIDADE”

“Un goberno que desamparado nun momento clave como a pandemia, e marcado por promesas, enganos e falta de transparencia no canto do desenvolvemento que Ourense merece”, asegura Rafa Villarino

“O eixo deste goberno é a ambición por colocar e acomodar persoal afín e olvidarse da xestión municipal dando a espalda a os cidadáns e cuestionando ao funcionarios”, dice Natalia González

Ourense, 12 de xuño de 2020. O PSdeG-PSOE de Ourense realiza balance do primeiro ano de mandato do Partido Popular e Democracia Orensana na cidade –o cal se cumprirá o vindeiro 15 de xuño. Un ano de goberno bipartito marcado por un dos temas claves para os socialistas, tal e como é a “falta de modelo de cidade”, así o asegurou a vicevoceira, Natalia González, e, tamén, pola “recuperación da vella política urbanística do Partido Popular” que chegará coa aprobación do novo PXOM e na que “nada queda daquelas liñas roxas de pelotazos – como as torres da Chavasqueira- que Jácome dicía que non iba a aprobar fai un ano”. González pídelle ao alcalde e ao PP “responsabilidade e valentía” para non ter que “revivir o acontecido co PXOM do ano 2003”.  

Os socialistas destacaron que o eixo deste ano de goberno estivo marcado pola “ambición por colocar e acomodar persoal afín e olvidarse da xestión municipal dando a espalda aos cidadáns” e as “críticas continuas aos funcionarios”. Un “goberno cheo de discordia que leva un ano engañando á cidadanía” e convertendo Ourense “na primeira cidade galega en gasto de asesores”, así o salientou o concelleiro Xosé Rúas, que ademáis remarcou o “espaldarazo dos de Jácome á cultura da Auria”.

Entre o sinfín de “promesas incumpridas e olvidadas” atópase o “cambiazo do plan de obras” por un “plan de escaleiras mecánicas” que responde a un capricho do alcalde e que hipotecará o futuro da cidade; a falta de contenedores soterrados que non se realizará “nin en 90 días nin nun ano, e posiblemente, tampouco no 2021” xa que se atopa sin proxecto nin informes; unha praza de Abastos de A Ponte que “nin está nin se lle espera” e que en 90 días soamente foi aberta para facer unha comida privada con amiguetes do goberno; ou o Ecobarrio da Ponte no que non foron quen de abrir a oficina de xestión, nin tampouco din coñecer cales son as accións que se levan desenvolvido dentro dese programa. Ademáis, o bipartito “renuncia ao proxecto de mellor estación para a cidade pasando a actuar como mero oínte” e rendíndose a intereses políticos sen prorrogar sequera o convenio de 2016, denuncian dende o PSdeG-PSOE. Esto deixa á terceira cidade de Galicia, na mesma posición de hai cinco anos, dende que o Partido Popular entrou na Casa Consistorial. Unha cidade sucia e abandonada e que desaparece no momento en que os ourensáns máis o precisan como foi nos últimos meses coa crise provocada pola COVID-19.

“Un goberno que desampara á cidade nun momento clave como a pandemia, e no que o único que temos son promesas, enganos e falta de transparencia no canto do desenvolvemento que Ourense merece”, asegura Rafa Villarino, quen destaca a xestión do traballo realizado nas outras seis grandes cidades de Galicia, mentres Ourense, sendo a terceira, descende de división e “está a afundir”. Dende o seo do grupo municipal socialista pregúntanse qué podemos esperar dun partido como Democracia Orensana, que xa non contaba con programa social e de convivencia antes de entrar no cargo e que agora o único que busca é “perpetuarse mentras poida”.

Villarino destacou o “feísmo político” no que nos atopamos sumidos e asegura que o “verdadeiro culpable do que está a contecer na cidade é Feijóo”, que fixo funcionar o seu pacto para que DO “non se presentase en Galicia” e fai un chamamento á movilización para que o vindeiro 12 de xullo se produza o “declive da corrupción e o clientelismo” que gobernan levan anos gobernando Ourense.