GOBERNO ESTATAL INICIATIVAS

Uxía Tizón destaca o Ingreso Mínimo Vital coma unha medida “histórica”

A DEPUTADA OURENSÁ NO CONGRESO, UXÍA TIZÓN, DESTACA QUE O INGRESO MÍNIMO VITAL É UNHA “MEDIDA HISTÓRICA” DA QUE SE BENEFICIARÁN MILLEIROS DE FAMILIAS OURENSÁS

Co IMV o Goberno central busca “reducir a pobreza e fomentar a inclusión social”, ademais de loitar contra a “vulnerabilidade económica, que xera un círculo vicioso de desigualdade e falta de oportunidades

“Cumprimos coa demanda de xustiza social da cidadanía, loitando contra a vulnerabilidade económica e a pobreza infantil, especialmente trala pandemia”, destaca Uxía Tizón

Ourense, 12 de xuño de 2020. A deputada do PSdeG-PSOE de Ourense no Congreso dos Deputados, Uxía Tizón, valorou a nova iniciativa social aprobada polo Goberno esta semana, o Ingreso Mínimo Vital, unha medida histórica para que ninguén quede atrás. Trátase dunha prestación da Seguridade Social, con carácter permanente e cunha dobre finalidade tal e como explica a deputada socialista ”reducir a pobreza e fomentar a inclusión social”. Unha medida coa que o PSOE busca loitar contra a vulnerabilidade económica, que xera un círculo vicioso de desigualdade, falta de oportunidades e incertidume na vida da cidadanía e que por primeira vez en España, tivo en conta os obxectivos de redución da pobreza extrema.

Tizón quixo pór en valor que co Ingreso Mínimo Vital, os socialistas “cumprimos coa demanda de xustiza social da cidadanía, loitando contra a vulnerabilidade económica e a pobreza infantil, especialmente trala pandemia”. Subliñou tamén que “trátase dunha medida económica que axudará a reactivar a nosa economía”. Cabe apuntar que esta nova medida comezará a cobrarse neste mes de xuño e garantirá entre 5.500 e 12.000 euros o ano atendendo as diferentes necesidades dos fogares. “A súa percepción irá acompañada de itinerarios de inclusión social e laboral”, destaca a deputada socialista.

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense tamén se pon en valor que o Ingreso Mínimo Vital será compatible, complementaria e subsidiaria coa Renda de Inclusión Social (RISGA), xa que tal e como apunta a deputada ourensá “existe sempre un mínimo estatal”. Unha noticia, que por certo, desmonta o argumento do presidente da Xunta de Galicia e líder do Partido Popular de Galicia, quen alegaba que esta axuda sería incompatible coa RISGA, algo que dende o Goberno central xa desmentiron, “polo que os galegos e as galegas poderán acollerse a ambas prestacións”.

O IMV beneficiará a milleiros de familias en Galicia, e en particular en Ourense, que poderán optar a esta axuda e servirá para loitar contra a desigualdade, cunha distribución de rendas máis apropiada. “Dende o PSdeG seguimos combatendo a pobreza porque Galicia e Ourense merecen un Goberno que protexa as familias, os traballadores e especialmente as persoas”, destaca Uxía Tizón.

España ten uns niveles de pobreza, sobre todo extrema, dos máis altos dos países no noso entorno. A taxa de pobreza extrema do estado roza o 7%, duplicando a media da Unión Europea e triplicando a países como Alemania. A distribución de rendas é ineficaz. No país, as transferencias de recursos públicos reducen menos a pobreza que no resto de países do noso entorno. “Éramos dos poucos países de Europa que carecían dunha medida deste ámbito”, afirma Uxía Tizón, quen tamén apunta que o IMV “será permanente porque España xa tiña un problema de pobreza moi grave antes da crise da COVID-19, polo que falamos dunha situación estrutural que a actual conxuntura agravou”, sinala Tizón.

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense lembran que para recibir o IMV hai que cumprir unha serie de requisito como son estar nunha situación de vulnerabilidade económica, farase un test de patrimonio que excluirá a aqueles que teñan un patrimonio superior os umbras establecidos por tamaño de familia. Débese ter máis de 23 anos e menos de 65. Esíxese ter vivido durante a lo menos tres anos previos a solicitude de forma independente e tamén que a residencia continuada e ininterrompida durante polo menos o ano anterior á prestación de solicitude. Tamén apuntan os socialistas que a solicitude poderá presentarse a partir do 15 de xuño, agás algúns beneficiarios da prestación por fillo a cargo, que recibirán a nova prestación de forma automática sen ter que solicitala.

A deputada ourensá do PSdeG-PSOE de Ourense lembra que “porase en marcha un acceso multicanal que permita sen desprazamento a solicitude telemática na páxina web da Seguridade Social (www.seg-social.es) polo propio solicitante ou por un representante”. A medida que se vaian firmando convenios, tamén se podera solicitar a través dos concellos que firmen ditos convenios e unha vez rematada a crise sanitaria pola COVID-19 e as oficinas da Seguridade Social volvan a abrir, poderase presentar presencialmente con cita previa.