concellos Política municipal

Os socialistas de A Veiga aplauden que o PP rectifique e non malgaste 161.000€

O PSDEG-PSOE DE A VEIGA “APLAUDE” QUE O PP TEÑA QUE RECTIFICAR E DEDICAR OS 161.000€ QUE PRETENDÍA “MALGASTAR” NO PUNTO LIMPO, A REFORMA DA RÚA PATEIRA

No pleno celebrado onte no Concello, o grupo de goberno municipal tivo que recuar ante a negativa da Xunta por razóns urbanísticas, o non considerar a obra do punto limpo de carácter social

O voceiro socialista, Fernando Fernández Yáñez, afirma que “a rectificación vennos a dar a razón ante a nosa queixa” e subliña que “a reforma da rúa da Pateira, si é unha obra de carácter social”

Ourense, 18 de xuño de 2020. O PSdeG-PSOE de A Veiga “aplaude” a rectificación que o grupo de goberno municipal do Partido Popular tivo que levar a cabo, despois de que a Xunta de Galicia dera a súa negativa o investimento de 161.000€ que se ía a levar a cabo no punto limpo, por cuestións urbanísticas, xa que o ente autonómico aportaba 106.506,23 € a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no marco do Plan Urbe 2019/2020. Os socialistas consideraban este investimento nun punto sintuado fora do casco urbano coma un “despilfarro” e apostaban por dedicar eses cartos a reforma da rúa Pateira. O Grupo Municipal Socialista votou a favor da modificación proposta polo PP, “xa que os cartos irán destinados a arranxar e rematar a rúa da Pateira, en pleno casco urbano”, sinala o voceiro Fernando Fernández Yáñez.

Os socialistas denunciaron fai escasos días que o Partido Popular pretendía “malgastar” 161.000 euros en embelecer o punto lmpio, un lugar afastado do núcleo residencial, en lugar de empregar este investimento e a devandita subvención da Xunta para humanizar a rúa da Pateira, a máis antiga do municipio, e que tal e como afirman dende o PSdeG en A Veiga, se atopaba nunha situación de “total abandono”, amosando un “desleixo profundo” á veciñanza por parte do alcalde Juan Anta e do seu grupo de goberno.

Trala negativa da Xunta a este investimento, o PP tivo que recuar e levar a pleno unha modificación para que estes 161.000€ se dediquen a reforma da rúa Pateira. “Con esta modificación, a nosa queixa queda máis que fundamentada e dános a razón nas nosas críticas a realizar un investimento fóra do casco urbano, cando as prioridades reais do municipio eran outras nestes momentos”, afirma Fernando Fernández, que apunta tamén que “reformar a rúa Pateira, si é unha obra de carácter social”.

O PSdeG-PSOE de A Veiga ve cumpridas así as súas demandas de apostar por obras de carácter social, en beneficio da veciñanza, que segundo afirman “agradecerán que o investimento se realice nunha rúa céntrica do municipio, que presentaba unha imaxe deplorable”. “Esta rectificación permitirá humanizar unha rúa que se atopaba sen rematar e que os veciños e veciñas reclamaban solucións e que non os abandonaran, algo que non vai acontecer tralas nosas demandas e a negativa da Xunta”, finaliza o voceiro socialista.