Ourense, 17 de xuño de 2020. O PSdeG-PSOE presentou a súa candidatura pola provincia de Ourense ás eleccións ó Parlamento de Galicia, do vindeiro 12 de xullo, xunto ó candidato á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero; o secretario provincial, Rafa Villarino; e os alcaldes e alcadesas socialistas da provincia. «Unha candidatura gañadora fronte a letalidade e o caciquismo de Feijóo, Jácome e Baltar», proclamaron.

Caballero resaltou que «os galegos e as galegas xogamonos o futuro do país» e «decidimos se Galicia avanza para a reconstruccion» ou se «seguimos coas políticas de Feijóo» que «destruíron 70.000 empregos e 2.000 millóns en gasto sanitario en Galicia» e que «non fixo unha soa residencia pública». Así mesmo afirmou que «necesimos dar un paso adiante» antes de destacar o impulso do Goberno central ás comunidades autónomas cun financiamento adicional de 16.000 millóns extraordinarios, destacando os 2.000 millóns para educación que un goberno socialista na Xunta empregará para «aumentar persoal, bolsas e axudas».
O líder socialista tamén destacou que «todos os socialistas respaldan unanimemente a Rafa Villarino e ao Subedelegado do Goberno na provincia que fai unha tarefa dignísima», ante os ataques de Baltar logo de destapar o PSdeG-PSOE a trama das subvencións a algúns autónomos e pemes. «Se o PP quere pedir dimisións, que lle pidan a dimisión a Baltar, Jácome e Feijóo polo pacto da indignidade», advertiu xa que fan acordos «pola letalidade, o caciquismo e polas chanchulladas do PP». «Non son referente de moralidade e ética para ninguén», dixo.
Esta é a lista do PSdeG-PSOE pola provincia de Ourense para os comicios galegos do 12 de xullo de 2020:
Marina Ortega Otero
Juan Carlos Francisco Rivera
Mª Carmen Rodríguez Dacosta
Eduardo Ojea Arias
Elena Rosa de Prada Creo
José Antonio Novoa Fernández
Marina Tallón Núñez
Miguel Ángel Rodríguez Ojea
Bibiana Iglesias Pérez
José Rodríguez Gómez
Noelia Rodríguez Travieso
Francisco Xabier Oviedo Rodríguez
Carmen Carballo Alonso
Antonio Rodríguez Rodríguez
Suplentes:
Beatriz Domínguez Blanco
Luís Gulín Iglesias
Jesusa Rodríguez Castro
José Antonio Pérez Domínguez
Mª Carmen Rama Cotelo