Eleccións Galicia 2020 Xunta

O PSOE mellorará desde a Xunta as retribucións de avogados da quenda de oficio

OS SOCIALISTAS MELLORARÁN AS RETRIBUCIÓNS DA QUENDA DE OFICIO DOS AVOGADOS E AVOGADAS DE OURENSE E IMPULSARÁN AXUDAS DIRECTAS AOS MUTUALISTAS AFECTADOS POLA PANDEMIA

Francisco, Rodríguez Dacosta, Tizón e Jones mantiveron un encontro co Colexio da Avogacía no que constararon o “desprezo absoluto ao que Feijóo ten sometido ao colectivo desde hai unha década”

O PSdeG “dignificará a profesión” para “ofrecer un servizo de calidade” na quenda de oficio e aprobará axudas contra a pandemia tralo “abandono burdo e vergonzante” do goberno galego do PP

Ourense, 3 de xullo de 2020. Os socialistas mellorarán desde o novo goberno progresista da Xunta, as retribucións da quenda de oficio dos avogados e avogadas de Ourense e de toda Galicia, e impulsarán axudas directas aos mutualistas afectados pola pandemia. Así o manifestaron os candidatos ao Parlamento, Juan Carlos Francisco e Carmen Rodríguez Dacosta, nun encontro coa decana do Ilustre Colexio da Avogacía, Pilar López-Guerrero, na que tamén participaron a deputada no Congreso, Uxía Tizón, e o concelleiro na capital ourensá, Wilson Jones.

Carmen Rodríguez Dacosta; Pilar López-Guerro; Juan Carlos Francisco; Uxía Tizón e Wilson Jones

Durante a reunión comprometéronse a “mellorar o baremos e os complementos dos mais de 400 avogados e avogadas ourensáns da quenda oficio” que “levan máis dunha década soportando o desprezo absoluto da Xunta” cunhas cantidades “conxeladas vilmente”. “Rueda minte máis que falta”, denuncian ante o abandono de Feijóo e o seu número dous deste servizo básico para a cidadanía que “afonda nos prexuícios ás persoas máis desfavorecidas que son precisamente as que máis fan uso da quenda de oficio”.

Desde o PSdeG insisten en “dignificar a profesión” e “ofrecer un servizo de calidade”, tal e como sucede noutras comunidades autónomas como Euskadi porque “aquí o gasto por habitante é dos máis baixos do Estado e o responsable chámase Alberto Núñez Feijóo”. “É incomprensible este desprezo á avogacía e aos cidadáns que teñen dereito a unha xustiza digna e en igualdade de condicións”, salientan antes de recordar que tamén impulsarán unha demandada mellora dos medios humanos e materiais dos xulgados galegos ao ser unha competencia que depende exclusivamente da Xunta a pesar de que “o PP se desentende dela”.

Axudas pola pandemia

Durante o encontro tamén trataron o “desleixo” e o “deixadez” de Feijóo co colectivo de avogados e avogadas nos últimos meses, tras non recibir ningún tipo de axuda ou prestación autonómica nin durante a pandemia nin agora na nova normalidade. “A Xunta non estableceu protección nin aos mutualistas nin aos autónomos tralos devastadores efectos do coronavirus”, advirten os socialistas, polo que trasladaron ao Colexio da Avogacía que “o PSdeG-PSOE impulsará en San Caetano, ao igual que fixo o Goberno central desde Madrid, axudas directas aos mutualistas en consonancia co que está a facer o Estado”. “Gobernaremos Galicia para corrixir de inmediato este abandono da Xunta de Feijóo” manifestan tras recordar que o colectivo si se puido acoller ás axudas aprobadas polo executivo presidido por Pedro Sánchez.

Desde o PSdeG recordan tamén que “o PSOE está a traballar na habilitación específica axudas a mutualistas” tanto desde o Congreso ─onde se está a tramitar unha PNL ao respecto─ como desde La Moncloa.