Concello de Ourense INICIATIVAS

Presentamos unha iniciativa para que a Praza de San Marcial sexa símbolo LGTBI

O GRUPO MUNICIPAL E XUVENTUDES SOCIALISTAS PRESENTAN UNHA INICIATIVA NO CONSELLO MUNICIPAL DE IGUALDADE PARA QUE SE RECOÑEZA A PRAZA DE SAN MARCIAL COMO SÍMBOLO LGTBI

Natalia González dice que se trata dunha iniciativa máis das que veñen defendendo dende o goberno progresista e que se seguirán impulsando na cidade durante os próximos meses polos socialistas

Xurxo Doval o goberno “protexa e visibilice ao colectivo” e deixe de ser un goberno “pantalla de branco e negro” e convertan a praza de San Marcial nun “punto de encontro, diálogo e confraternización”

Ourense, 6 de agosto de 2020. O PSdeG-PSOE de Ourense e as Xuventudes Socialistas presentaron esta mañá unha iniciativa ante o Consello Municipal de Igualdade, para que o Concello de Ourense recoñeza cunha placa conmemorativa a praza de San Marcial como punto de encontro e símbolo de referencia do movemento LGTBI da cidade, en prol da defensa dos valores de igualdade, e como unha iniciativa máis das que veñen defendendo dende o goberno progresista e que se seguirán impulsando na cidade durante os próximos meses, así o recoñeceu a vicevoceira socialista, Natalia González.

A concelleira destacou tamén a “desaparición das políticas igualitarias” da cidade dende que goberna o Partido Popular, hai cinco anos, e que están moito máis agochadas dende que cogoberna con Jácome e o seus socios de Democracia Ourensana. “Hai unha necesidade de poner na axenda política ourensá a igualdade e a conciliación” dado que quen goberna se empeña en ocultala, matiza Beneitez.

Durante o goberno municipal socialista había unha serie de medidas económicas e infraestruturas que poñían a Ourense como un referente en materia de igualdade a nivel galego. Os socialistas opóñense a que PP e DO “destrúan e desleixen” infraestruturas tan necesarias nese senso como a casa de acollida a mulleres maltratadas e a rede de centros cívicos. “Os socialistas non imos deixar que se deixen de lado este tipo de políticas tan necesarias e que están no noso ADN como socialistas, finaliza a vicevoceira.

Por outra banda, o secretario xeral das Xuventudes Socialistas ourensás, Xurxo Doval, explica que coa iniciativa queren converter “unha praza tan simbólica e desleixada do casco vello” como é a praza de San Marcial nun centro de “reivindicación e visibilización” do colectivo LGTBI. Doval salienta que as Xuventudes Socialistas son a “única asociación política” da cidade que presenta unha “férrea loita en defensa do colectivo” como ven facendo dende o comezo de este cogoberno cando se denunciaron  unhas declaracións homófobas de asesores do alcalde.

Desde as Xuventudes reivindican que o goberno local “protexa e visibilice ao colectivo” e deixe de ser un goberno “pantalla de branco e negro” e insisten en que se “non teñen ideas” que dialoguen coa oposición para poder abranguer a tódolos colectivos

Na solicitude recóllese unha transformación da praza recuperando a súa fonte e iluminándoa, e a colocación  dunha placa en conmemoración dos agredidos e loitadores polo colectivo LGTBI para que siga sendo un “punto de encontro, diálogo e confraternización da cidade”.