Política municipal rural

Solicitamos ao Concello de Pereiro de Aguiar medidas coa recollida de rastroxos

OS SOCIALISTAS DE PEREIRO DE AGUIAR SOLICITAN AO CONCELLO QUE TOME MEDIDAS COA RECOLLIDA DE RESIDUOS PROCEDENTES DE XARDÍNS E RESTOS ORGÁNICOS

Os socialistas demandan que non haxa “veciños de primeira e de segunda” e insta á Deputación de Ourense e ao concello de Pereiro de Aguiar a que “melloren o convenio de basuras para que tódolos cidadáns poidan reciclar”

O voceiro socialista pide tamén a aplicación da “directiva europea sobre resíduos” cun contenedor marrón, específico para residuos orgánicos

Pereiro de Aguiar/ Ourense, 12 de agosto de 2020. O PSdeG-PSOE insta ao Concello de Pereiro de Aguiar a que tome “medidas e solucións”,  coa problemática da recollida dos residuos procedentes de xardíns, como céspede, restos de podas ou follas e outros lixos que se acumulan frecuentemente nos arredores dos contenedores dos pobos e urbanizacións  do concello e solicitan “medidas contundentes a unha problemática agravada especialmente nos meses de primavera e verán, ao existir no municipio un gran número de vivendas e urbanizacións con xardíns’’ que levan “anos demandando tanto a agrupación socialista coma a veciñanza da contorna”, explica o voceiro Jorge Gutiérrez.

Entre as medidas que levan os socialistas anos demandando, deféndese que se implemente un “servizo de recollida gratuito de residuos vexetais  para a súa correcta xestión como abono ou outros usos, como xa realizan outros concellos cunha problemática similar” para evitar, así, o “colapso, a saturación e a suciedade dos contenedores de lixo de Concello” que enchen as rúas e estradas ao longo do concello,  e que mesmo a súa vertedura incontrolada xera riscos de incendio.

Este feito vese agravado polo ”retraso que se ven producindo do servizo de recollida de lixo e limpeza” onde permiten que se deixen os residuos acumulados nas rúas pasando varios días sen que pasen a recollelos, explican. Debido a esta situación reclaman tamén ao concello, unha “campaña de información e concienciación ambiental entre a poboación”, para o uso correcto dos distintos contedores, unha maior  utilización do punto limpo existente en Pereiro na localidade de Vilaboa, e da recollida a domicilio de residuos voluminosos como mobles ou colchóns, co fin de fomentar e aumentar a reciclaxe. Así mesmo, dende o grupo municipal fan un “chamamento á responsabilidade e cooperacón da veciñanza para que eviten o colapso e non depositen os residuos fóra dos contenedores”.

Os socialistas demandan tamén que non haxa “veciños de primeira e de segunda” e todos teñan aceso aos mesmos dereitos medioambientais e insta ao goberno do concello de Pereiro de Aguiar a que “mellore o convenio actual coa Deputación Provincial de recollida de lixo, para que tódolos cidadáns teñan acceso aos contenedores de reciclaxe” de vidro, envases e papel xa que, na actualidade, non todas as poboacións do municipio dispoñen dos devanditos contedores, obrigando aos seus habitantes a terse que desprazar nalgunha ocasión ata dous quilómetros para poderen depositar os residuos reciclabeis.

Implementación da directiva europea de “contenedores” de materia orgánica

Por outra banda, o voceiro socialista pediu tamén anticiparse ao cumprimento da normativa europea sobre a reciclaxe do lixo orgánico, instalando contenedores específicos para residuos orgánicos, o coñecido como o contenedor marrón, asi como, renovar e substituír os contedores deteriorados actualmente existentes.