Deputación de Ourense POLÍTICA PROVINCIAL

Rexeitamos os orzamentos da Deputación de Ourense por “distópicos” e “repetitivos”

O PSDEG-PSOE CUALIFICA DE “DISTÓPICOS” E “REPETITIVOS” OS ORZAMENTOS DA DEPUTACIÓN DE OURENSE QUE PRETENDEN APROBAR BALTAR, O DEPUTADO DÍSCOLO DE DO E CIUDADANOS

Villarino cuestionou a “discrecionalidade” coa que se reparten as subvencións fronte á “necesidade imperante e urxente”, defendida polos socialistas para aprobar un “plan único permanente”

“Só se benefician os amigos do presidente”, advirten antes de resaltar que unicamente o 1,75 % será para investimentos fronte ao gasto “desmesurado” en persoal ou en subvencións

Ourense, 25 de setembro de 2020. O PSdeG-PSOE cualifica de “distópicos” e “repetitivos” os orzamentos da Deputación de Ourense para 2021 que Baltar, o deputado díscolo de DO, Miguel Caride, e a deputada de Ciudadanos, Monste Lama, pretenden aprobar para 2020. O voceiro do PSdeG-PSOE, Rafa Villarino, amosou o desacordo dos socialistas cunhas contas que definiu como “valeiras de contido e de ilusión” xa que son “xustas só cuns algúns concellos do PP pero non con todos”. “Unicamente se benefician os amigos do presidente”, advirten antes de resaltar que só o 1,75 % do total será destinado a investimentos fronte ao gasto “desmesurado” en persoal ou en subvencións nominativas, que Baltar concede a dedo recurrentemente mediante modificacións orzamentarias.

Villarino cuestionou a “discrecionalidade” coa que se reparten estas subvencións nominativas ano tras ano, fronte á “necesidade imperante e urxente”, defendida desde hai anos polos socialistas, de aprobar un “plan único permanente”, que permita distribuír os fondos públicos equitativamente entre todos os municipios. “Ten que haber un sistema obxectivo que respecte as diferencias entre concellos, asignando os cartos segundo as súas necesidades e non segundo caprichos personais, sistema de reparto equitativo que o propio presidente da Deputación defende cando vai a outras administracións”, insistiu.

“A labor dos políticos é buscar o mellor para a cidadanía” e estes orzamentos “son só os mellores para uns poucos”, aseverou o voceiro do PSdeG-PSOE, que declarou botar en falla un maior investimento social. Así mesmo incidiu en que estamos ante uns orzamentos “moito menos ambiciosos que os antes”. Villarino díxolle aos restantes grupos políticos que “é tempo de mudar” para “facer que a situación actual da provincia cambie de rumbo” co fin último de “evitar estancarnos e quedar como sempre”.

O vicepresidente da Deputación vota en contra

Os socialistas votaron a favor das emendas á totalidade e de modificación das bases reguladoras do plan de obras impulsadas polo BNG. Pola súa banda rexeitaron ao completo as propostas da representante de Ciudadanos. O voceiro do PSOE resaltou como o deputado díscolo de Democracia Ourensana, Miguel Caride, votou a favor destes orzamentos prexudiciais para Ourense, ao igual que a deputada de Ciudadanos, Monste Lama. O aínda vicepresidente de DO na institución, Armando Ojea, dixo non co seu voto a estas contas que foron refrendadas inicialmente na sesión de hoxe unicamente cos votos a favor de todo o grupo do PP xunto aos de Miguel Caride e Monste Lama.