Concello de Ourense Denuncias

Denunciamos a “calamitosa” situación dos servizos sociais de Ourense

O PSDEG-PSOE DE OURENSE DENUNCIA A “DEPLORABLE CALAMITOSA” SITUACIÓN NA QUE O “MICROGOBERNO” DE DO MANTÉN OS SERVIZOS SOCIAIS NO MOMENTO MÁIS IMPORTANTE

Rafa Villarino puxo de manifesto a necesidade de que haxa un goberno solvente nunha área tan importante como a social, na época que estamos de pandemia, e coa Xunta de Galicia ocultando datos sobre os concellos

Concepción García Lozano denunciou o reiterado abandono do albergue municipal de cans e gatos, xestionado por PROGAPE, e a imperiosa necesidade dunha reforma integral que se retrasará un ano por culpa da pouca solvencia  “microgoberno”

Ourense, 06 de outubro de 2020. O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia a situación calamitosa “penosa e desoladora” da Concellería de Servizos Sociais do Concello da capital ourensá.Unha cuestión herdada do anterior goberno, onde os socialistas xa levan pedindo todo o mandato que se fixera unha serie de estudos para facer “unha radiografía da realidade social, epidemiolóxica e de exclusión” da cidade  tal e como explicou o voceiro, Rafael Rodríguez Villarino. “É unha irresponsabilidade que haxa un goberno que se queira sustentar como sexa sendo tres e cun concelleiro que acaba de chegar e esqueza as súas obrigas”, denunciou.

Villarino tamén puxo de manifesto a necesidade de que haxa un goberno solvente nunha área tan importante como a social, na época que estamos de pandemia e coa Xunta de Galicia ocultando datos sobre os concellos. E rematou sinalando que é necesario que o concello “atenda os servizos sociais, poña en marcha a canceira e non deixe abandonado aos maiores e aos cativos”. “O Concello ten que servir á cidadanía e non servirse da cidadanía para manterse no poder”

Pola súa banda, a concelleira, Concepción García Lozano, denunciou o reiterado abandono do albergue municipal de cans e gatos. Actualmente, nunha situación “peor que nunca” despois de que o goberno non adxudicase a obra o pasado 31 de decembro de 2019 o que ocasionaou que se voltase á casilla de saída para a realización da reforma. Este feito motivou que se tivese que aprobar unha modificación de crédito no pasado pleno e volver a comenzar o procedemento perdendo un ano completo para a mellora das instalacións.

Os socialistas cuestionan que “se isto aconteceu cun goberno na cidade de maioría de 14 concelleiros qué pode acontecer este ano cun “microgoberno” dun alcalde e dous concelleiros, e destaca a necesidade dunha remodelación integral do albergue para ser adaptado á nova Lei 4/2017 de benestar animal da Xunta de Galicia. A situación é tan deplorable que ata esta semana o concello ven retrasando o pago dos 8000 euros de convenio dos meses de agosto e setembro que permite o pago dos traballadores da concesionaria PROGAPE e do material e subministro da instalación.

O servizo de axuda no fogar en “lista de agarda”

O grupo municipal socialista denuncia tamén que o servizo de axuda no fogar segue a ser atendido a día de hoxe pola anterior empresa adxudicataria –Atendo- entres que xa dende o 27 de setembro entrou en vigor a nova concesión á empresa S. Samain. Os socialistas descoñecen por qué non se realizou o cambio e segue prestando o servizo unha empresa deficitaria. Tal e como recoñeceu a anterior concelleira de servizos sociais, Eugenia Díaz Abella, que asegurou que Atendo “non é unha empresa o suficientemente capacitada como para levar o servizo na terceira cidade galega sendo a máis envellecida de Galicia”. Ademáis denuncian a situación coas listas de agarda nas que neste momento hai 370 ersoas en lista de agarda por dependencia en grado 2 e 3 e non se están dando altas novas.

A área social atópase nun momento mo comprometido xa dende antes do confinamento sen programas de conciliación laboral e familiar e sen programa de familias monoparentais e monomarentais.