GOBERNO ESTATAL Política social

O Ingreso Mínimo Vital xa chega en decembro a 3.120 persoas de Ourense

En Galicia alcanza a 9.233 fogares con 23.775 persoas que recibirán nuns días o pago de decembro, o sétimo que abona a Seguridade Social

O Ingreso Mínimo vital garante uns ingresos de entre 5.500 e 12.000 euros ao ano e está acompañado por un itinerario de inserción laboral

18 de decembro de 2020. O Ingreso Mínimo Vital (IMV) chega este mes de decembro a 9.233 fogares en Galicia con 23.775 persoas, das que 13.403 son adultos e 10.372, menores. En Galicia, a provincia da Coruña suma 3.902 fogares beneficiarios; Pontevedra, 2.933; Ourense, 1.179; e Lugo, 1.038. Os primeiros fogares empezaron a percibir o Ingreso Mínimo Vital o pasado mes de xuño, cando arrincou esta liña de axudas impulsada polo Goberno central.

Tal como está exposto, este dereito contempla as situacións das unidades familiares en situación de vulnerabilidade económica. Por iso motivo, o recoñecemento dun IMV pode beneficiar a varias persoas, as residentes nun fogar.

Nese sentido, as próximas melloras do IMV contemplarán, precisamente, a posibilidade que o perciban persoas sen fogar. Desta forma, está previsto excluír o límite de titularidades por unidade de convivencia, pensado especialmente para casos de albergues ou centros de acollida.
O Ingreso Mínimo Vital ten como beneficiarias aquelas persoas de entre 23 (salvo que teñan fillos a cargo) e 65 anos que estean en situación de vulnerabilidade económica

En función das circunstancias concretas de cada fogar garántense uns ingresos de entre 5.500 e 12.000 euros ao ano (entre 460 e 1.000 euros ao mes). Ademais, está acompañado por un itinerario de inserción laboral.

Datos desglosados por provincias de Galicia:

AdultosMenoresTotal
A Coruña5.4974.0349.531
Lugo1.8551.6533.508
Ourense1.8001.3203.120
Pontevedra4.2513.3657.616
Galicia13.40310.37223.775