GOBERNO ESTATAL INFRAESTRUCTURAS SOCIALISTAS OURENSÁNS NAS INSTITUCIÓNS

O Goberno central impulsa a estación de mercadorías de San Cibrao

O delegado do Goberno en Galicia comprométese a elevar o anteproxecto da central ferroviaria ao Ministerio de Transportes e ao ADIF e destaca a aposta por un sistema máis eficiente e con menos emisións que o actual transporte por estrada que move 120.000 camións ao ano.

A estimación económica deste proxecto, que permitirá liberar o espazo ferroviario de mercadorías da actual estación de Empalme de Ourense, ascende a 20 millóns de euros.

Ourense, 8 de febreiro de 2021. O Goberno central encabezado polo PSOE impulsará a estación de mercadorías de San Cibrao das Viñas. O Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, comprometeuse hoxe a trasladar ao Administrados de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) e ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana o anteproxecto de creación dunha estación de ferrocarril de mercadorías para dar servizo ao Polígono industrial de San Cibrao das Viñas.

Durante varias reunións levadas a cabo por representantes do PSdeG-PSOE de Ourense coa Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, trasladouse este proxecto, que os socialistas se comprometeron a impulsar para dar resposta aos empresarios e mellorar o transporte de mercadorías. O Delegado do Goberno recibiu de man do presidente desta Asociación, José Antonio Fernández, nunha reunión celebrada hoxe en A Coruña, o documento. Durante o encontro, ambos compartiron os pormenores desta iniciativa, que pon sobre o papel o acordo acadado na visita que o delegado efectuou a este área industrial de Ourense o ano pasado, e tamén os compromisos do PSdeG-PSOE de Ourense durante as súas reunións.

No que respecta ao anteproxecto, o Delegado do Goberno destacou a aposta dos empresarios pola utilización dun sistema de transporte máis eficiente e con menos emisións que o tradicional transporte por estrada. “Nun momento de camiño da nosa economía cara a descarbonización, a potenciación do ferrocarril é prioritaria e este tipo de iniciativas encaixan na transformación do transporte que busca este Goberno”, apuntou Losada, antes de recordas que “as empresas utilizadas nos polígonos moven na actualidade máis de 3 millóns de toneladas anuais de mercancías por estrada, equivalentes a uns 120.000 camións”.

O anteproxecto presentado pola asociación plantexa a construción dunha terminal de transporte de mercadorías nun terreo reservado e contiguo a liña ferroviaria actual de Ourense a Zamora, sito a 6 quilómetros de distancia da capital da provincia. Situaríase nunha zona do perímetro do polígono e que linde coa Cidade do Transporte, potenciando así a intermodalidade de movemento de mercadorías en Ourense. O coste estimado da actuación ascendería a 20 millóns de euros.

A nova estación, ademais das vantaxes para o desenvolvemento empresarial e comercial das empresas de San Cibrao, permitiría liberar a ocupación da zona de mercadorías da actual estación Empalme, duns 140.000 m².

Os socialista animan ao presidenta da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao a que presente o proxecto á Xunta de Galicia para que o inclúa nas iniciativas que pretenden captar fondos europeos.