Ribadavia, 23 de febreiro de 2021. O pleno do Concello de Ribadavia elexiu á socialista, Noelia Rodríguez, como nova alcaldesa desta vila ourensá. PSdeG-PSOE e Ribeiro en Común apostan así por un goberno de cambio, progreso e feminista e remarcan que é o «primeiro» executivo municipal da historia de Ribadavia que «encabezado por mulleres».
Desta forma e cun executivo encabezado por Rodríguez, unha maioría progresista volve ao goberno municipal para traballar en favor da veciñanza e da xustiza social.
O novo goberno local de Ribadavia pretende “mellorar as vidas” da veciñanza cun da man dun novo goberno “progresista e transparente cun compromiso claro co ben común e o bo goberno”. Un goberno que, segundo manifestan os asinantes, “nace coa vontade de mudar unha situación insostible, de axudar a toda a cidadanía nuns momentos moi complicados, onde o Concello está ausente”.