A AGRUPACIÓN MUNICIPAL DO PSDEG-PSOE DE OURENSE CELEBRARÁ A SÚA PRIMEIRA ASAMBLEA COA MILITANCIA SOCIALISTA DA CIDADE DESPOIS DE TRES ANOS
O acto desenvolverase o vindeiro mércores, 15 de xuño ás 19.30 en primeira convocatoria e ás 20.00 en segunda convocatoria, na sala azul do auditorio municipal de Ourense
A asamblea será o foco para dar voz aos afiliados e simpatizantes do partido e presentar o plan de traballo da nova executiva municipal que marcará o rumbo para as eleccións municipais de 2023
Ourense, 8 de xuño de 2022. A executiva municipal do PSdeG-PSOE de Ourense ven de convocar a súa primeira asemblea para reunir a toda a militancia socialista da cidade o vindeiro mércores, 15 de xuño, ás 19.30 horas en primeira convocatoria e ás 20 horas en segunda convocatoria no salón azul do auditorio municipal de Ourense.
A secretaria xeral dos socialistas de Ourense, Natalia González, destaca a importancia e ilusión por esta convocatoria xa que “será a presentación e posta de largo da nova executiva”, formada fai tres meses, que leva traballando dende entón. Neste senso, subliña que será a primeira vez que se reunirá aos máis de 800 afiliados da cidade para “rendir contas” despois de tres anos sen convocar ningunha asamblea.
A asamblea será o foco para dar voz aos afiliados e simpatizantes do partido e presentar o plan de traballo da nova executiva municipal que marcará o rumbo para as eleccións municipais de 2023.
A data sinalada no calendario para a súa celebración mantén unha detacada relevancia e carácter significativo para “o socialismo e a democracia” xa que ese día conmemoraranse 45 anos dende as primeiras “eleccións libres” celebradas en España tralo franquismo, o 15 de xuño de 1977.