A EXECUTIVA MUNICIPAL DO PSDEG-PSOE DE OURENSE ESIXE SOLUCIÓNS DE FUTURO PARA AS PRAZAS DE ABASTOS DE OURENSE DESPOIS DE 7 ANOS DE BOICOT E PASIVIDADE DE JÁCOME E O PP
Os socialistas consideran inaceptable sexa para os nulos gobernos da terceira cidade de Galicia un “estorbo e unha carga que non saben xestionar nin dirixir” cando o representan unha gran oportunidade de dinamización económica e turística
Os socialistas urximos unha “fronte común” da sociedade ourensana e sobre todo dos axentes máis implicados para loitar pola continuidade da rehabilitación da praza de abastos Número 1
Ourense, 14 de agosto de 2022. A executiva municipal do PSdeG-PSOE de Ourense esixe “solucións urxentes” para as Prazas de Abastos de Ourense despois de que Jácome fracase por segunda vez na licitación da xestión para a apertura da Praza de Abastos da Ponte- un proxecto que como xa anunciaron os socialistas arroxaba sombras e intereses económicos- e iguale os dous procedementos desertos do mandato anterior do PP, aos que tachaba de “inútiles” polos mesmos feitos.
Os socialistas consideran inaceptable que o que para outras cidades son unha oportunidade de dinamización económica e turística sexa para os nulos gobernos da terceira cidade de Galicia un “estorbo e unha carga que non saben xestionar nin dirixir”.
E tamén para poñer “sentido común” ao futuro modelo de xestión e apertura da Praza de Abastos da Ponte, na que debe primar unha solución integral que redunde no beneficio de todos e así evitar que se converta nun “chiringuito de Jácome” e os seus amigos que nun tempo breve acabe de novo pechado tralo anuncio do alcalde de outorgala mediante procedemento negociado.
Os socialistas urximos unha “fronte común” da sociedade ourensana e sobre todo dos axentes máis implicados para loitar pola continuidade da rehabilitación da praza de abastos Número 1 e a súa contorna ante o grave risco de “abandono e parálise” a día de hoxe.
A Praza de Abastos núm. 1 é agora mesmo o proxecto urbanístico máis importante en marcha da cidade, pero queda todo por facer, no que está chamado a ser o “mellor mercado” de Galicia pola súa relevancia.