concellos Eleccións locais 2023 Municipais 2023

Mariola Iglesias, candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Vilamarín

O PSDEG CONFIRMA QUE MARIOLA IGLESIAS SERÁ A CANDIDATA Á ALCALDÍA DE VILAMARÍN CO OBXECTIVO DE CONVERTER A VECIÑANZA “NO CENTRO DAS POLÍTICAS MUNICIPAIS”

Mariola Iglesias repite deste xeito ao fronte da candidatura socialista, despois de presentarse fai 4 anos e duplicar o número de concelleiros e concelleiras do PSdeG-PSOE na corporación municipal

“Volvo presentarme coa ilusión e a forza de seguir loitando a favor do cambio, da igualdade, contra as inxustizas, e sempre mirando cara un futuro de progreso, que deixe atrás a penuria destes anos, nos que estivemos totalmente abandonados” afirma

Vilamarín, 27 de abril de 2023. O PSdeG-PSOE vén de confirmar que e María de los Ángeles Iglesias Rodríguez será a candidata socialista á alcaldía de Vilamarín nos comicios electorais que se celebrarán o vindeiro 28 de maio. Márcase como principal obxectivo que os veciños e veciñas do municipio “sexa o centro das políticas municipais e de futuro”, xa que tal e como apuntan “sen os veciños e as veciñas, non habería concello, nin política que valga”.

Un novo reto para unha candidatura, a socialista, baseada, segundo afirman, “no compromiso, na responsabilidade e no traballo en equipo, onde todos e todas sumamos e ninguén está de máis”.

A cabeza de lista do PSdeG-PSOE en Vilamarín subliña que “son unha veciña máis, que quere loitar polos dereitos como cidadáns do noso concello, tal e como fixemos ao longo dos últimos catro anos, día a día, e porta a porta”. Iglesias Rodríguez tamén destaca que “a primeira premisa que temos é contar coa opinión da veciñanza, e por iso ofrecémoslle sempre a nosa axuda, para tentar solucionar os seus problemas cotiás e mellorar o noso municipio”.

“Volvo presentarme coa ilusión e a forza de seguir loitando a favor do cambio, da igualdade, contra as inxustizas, e sempre mirando cara un futuro de progreso, que deixe atrás a penuria destes anos, nos que estivemos totalmente abandonados a cargo dun concello que apenas escoitaba” afirma Mariola Iglesias. “A nosa meta é seguir xuntos nun sendeiro de progreso, onde poder pisar unidos unha a unha, tódalas pedras que nos atopemos no camiño”, finaliza apuntando a candidata socialista.