Municipais 2023 Ourense 2023

Queremos un cambio en positivo o 28M

O PSDEG-PSOE DE OURENSE FAI UN CHAMAMENTO A NON PERDER A ILUSIÓN E A ESPERANZA PARA UN CAMBIO EN POSITIVO O 28M

O aspirante á alcaldía de Ourense polo PsdeG-PSOE, Paco Rodríguez, exhortou á cidadanía, no acto precampaña e na pegada de cartaces, a cambiar o destino de Ourense nas vindeiras eleccións municipais: “Está nas nosas mans”

Ourense deixará de ser unha excepción respecto á senda de avances, e as mulleres e os homes do partido socialista seremos quen de brindarlle a cada veciña e veciño o futuro polo que levan esperando dende hai anos”, afirmou o secretario provincial, Rafa Villarino

Ourense, 11 de maio de 2023. O PSdeG-PSOE de Ourense celebrou un emotivo acto precampaña cheo de mensaxes positivos porque, como expresou o aspirante á alcaldía, en ningún lugar está escrito que a cidade teña que continuar transitando polo sendeiro da vergoña.

“Queremos emprender unha viaxe cos ourensáns e ourensás cara un destino no que sentirnos orgullosos e orgullosas. Un destino que está, non nos podemos esquecer, nas nosas mans. Alguén fixo alcalde a esta criatura e a mantivo aí durante os últimos 4 anos. E despois o PP se atreve a dicir que a culpa é do PSOE”, lembrou Paco Rodríguez.

Nesta liña, a secretaria xeral da formación en Ourense e número dous da candidatura, Natalia González, amosou as súas ganas e intención de que todo mude: “Arrancamos esta campaña con moita forza, ilusión e un proxecto renovado no que confiamos plenamente”.

“Somos a única alternativa para Ourense porque nós si cremos nesta cidade e cremos en Paco Rodríguez”, deixou claro na súa intevención.

Rafa Villarino, secretario provincial do partido, destacou que a participación social é un trazo distintivo do PSdeG-PSOE e que a formación liderará esta tarefa situando, deste xeito, ás persoas no centro do seu programa político en cada concello e, consecuentemente, na provincia.

“Ourense deixará de ser unha excepción respecto á senda de avances, e as mulleres e os homes do partido socialista seremos quen de brindarlle a cada veciña e a cada veciño a confianza e o futuro polo que levan esperando dende hai tantos anos”, expuxo uns intres antes de comezar a pegada de cartaces.

Pola súa banda, a secretaria xeral de Xuventudes Socialistas e número oito da candidatura, Alba Iglesias, incidiu en que teñen un “equipo impresionante”, que “se hai partido, xógase!” e que están listos para sacar a Ourense desta “longa noita de pedra” na que leva anos sumida.

“A nefasta situación desta cidade xa a coñecedes dabondo e esta non é unha noite para falar do pasado, nin para lambernos as feridas. É o noso momento, non podemos deixar escapar o tren, e nunca mellor dito, porque nós si queremos unha intermodal digna, si queremos vivenda social e si cremos na xuventude desta cidade!”, sinalou aos asistentes.