concellos Eleccións locais 2023 Municipais 2023

Así foi o reparto informativo en Viana do Bolo

O PSdeG-PSOE participou esta mañá nun reparto informativo polas rúas de Viana do Bolo, aproveitando a celebración da feira mensual. Foron moitos os veciños e veciñas que escoitaron atentamente as explicacións e as aclaracións sobre o programa que a candidatura do PSdeG-PSOE presenta na vila. Unha equipa “moi preparada” e coa mente posta en “escoitar á veciñanza, ver as súas carencias e atinar nas solucións para resolver os seus problemas”.

Entre os seus obxectivos destacan “loitar polas iniciativas que presentamos ao longo desta lexislatura e que caeron en saco roto ante a desidia dos equipos de goberno municipal” e «apostar polo diálogo e por axudar aos sectores produtivos, esenciais para reter e fixar poboación”.

No acto desta mañá estiveron presentes os membros e membras da candidatura do PSdeG-PSOE, encabezados polo candidato á alcaldía, Germán García-Arias Ávila. Tamén acudiron o senador, Miguel Bautista; o deputado no Congreso, Adolfo Pérez Abellás; e a deputada no Parlamento de Galicia, Carmen Rodríguez Dacosta.