concellos Eleccións locais 2023 Municipais 2023

Reparto informativo do PSdeG-PSOE polas rúas de Maceda

Maceda, 20 de maio de 2023. O PSdeG-PSOE vén de participar esta mañá nun reparto informativo polas rúas de Maceda, aproveitando a celebración da feira. Foron moitos os veciños e as veciñas que escoitaron atentamente as explicacións e as aclaracións sobre o programa que os e as socialistas presentan na vila.

No acto estiveron presentes membros da candidatura do PSdeG-PSOE, encabezados pola candidata á alcaldía, Uxía Oviedo De Dios. Tamén acudiron os deputados no Congreso, Adolfo Pérez Abellás e Uxía Tizón Vázquez.