Esgos, 24 de maio de 2023. O PSdeG-PSOE participou esta tarde nun reparto informativo no concello de Esgos, no que aproveitaron para seguir presentándolle á veciñanza o proxecto que queren levar a cabo no municipio os próximos 4 anos se lles outorgan a súa confianza. Foron moitos os veciños e as veciñas que escoitaron atentamente as explicacións e as aclaracións sobre o programa que presentan os e as socialistas.
O candidato á alcaldía, Víctor Pérez Vázquez, e a candidatura socialista no concello estiveron arroupados pola deputada no Parlamento de Galicia, Marina Ortega Otero, e o senador, Miguel Bautista Carballo.




