Executiva municipal de Ourense Executiva Provincial de Ourense

Conmemoramos o Día de Recoñecemento ás Vítimas do Exilio cun acto na Casa do Pobo

O PSDEG-PSOE DE OURENSE E XUVENTUDES SOCIALISTAS CONMEMORAN O DÍA DE RECOÑECEMENTO ÁS VÍTIMAS DO EXILIO CUN ACTO PÚBLICO NA CASA DO POBO

O evento terá lugar ás 19:30 horas e consistirá na proxección do documental “La tragedia del buen doctor: la historia de Juan Negrín”, unha produción de RTVC realizada por R2 Media Films, que afonda na figura do médico, humanista e político socialista, Juan Negrín López, presidente do Goberno da II República entre maio de 1937 a marzo de 1939 e posteriormente no exilio ata 1945

As e os socialistas salientan que este acto “pretende contribuír á recuperación e dignificación da memoria das vítimas republicano”, xa que tal e como apuntan “é un fenómeno que afectou a centos de miles de persoas que, ante o avance das tropas franquistas desde xullo de 1936, víronse obrigadas a abandonar os seus fogares”

Desde o PSdeG-PSOE de Ourense e Xuventudes Socialistas subliñan a importancia de “manter viva a memoria democrática e de reivindicar os valores de liberdade, xustiza e solidariedade que representaron aquelas persoas que tiveron que marchar ao exilio”

Ourense, 7 de maio de 2026. O PSdeG-PSOE de Ourense, a través das Executivas Provincial e Local, e Xuventudes Socialistas de Ourense organizan este venres, 8 de maio, un acto de homenaxe con motivo do Día de Recoñecemento ás Vítimas do Exilio, unha data establecida pola Lei de Memoria Democrática para lembrar ás persoas que se viron obrigadas a abandonar o seu país por motivos políticos tralo golpe de Estado de 1936 e a posterior ditadura franquista.

O evento terá lugar ás 19:30 horas na Casa do Pobo de Ourense e consistirá na proxección do documental “La tragedia del buen doctor: la historia de Juan Negrín”, unha produción de RTVC realizada por R2 Media Films, que afonda na figura do médico, humanista e político socialista, Juan Negrín López, presidente do Goberno da II República entre maio de 1937 a marzo de 1939 e posteriormente no exilio ata 1945.

Tras a proxección, intervirán Carmen Rodríguez Dacosta, vicesecretaria xeral provincial do PSdeG-PSOE de Ourense e deputada no Parlamento de Galicia; Marga Martín, deputada no Congreso; Miguel Gómez, secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense; e Xosé Lois Carrión, secretario provincial de Memoria Democrática do PSdeG-PSOE de Ourense.

As Executivas Local e Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense salientan que este acto “pretende contribuír á recuperación e dignificación da memoria das vítimas republicano”, xa que tal e como apuntan “é un fenómeno que afectou a centos de miles de persoas que, ante o avance das tropas franquistas desde xullo de 1936, víronse obrigadas a abandonar os seus fogares”. Asemade tamén destacan que a perda humana e intelectual derivada deste éxodo “supuxo un grave retroceso económico, social, científico e cultural para o conxunto do país”.

Desde o PSdeG-PSOE de Ourense e Xuventudes Socialistas subliñan a importancia de “manter viva a memoria democrática e de reivindicar os valores de liberdade, xustiza e solidariedade que representaron aquelas persoas que tiveron que marchar ao exilio”. O acto está aberto á cidadanía ata completar aforo.