O SECRETARIO PROVINCIAL DO PSDEG-PSOE DE OURENSE AGRADECE E PON EN VALOR O COMPROMISO DE ENRIQUE ÁLVAREZ BARREIRO Á FRONTE DA ALCALDÍA DE VILAMARTÍN DE VALDEORRAS
Álvaro Vila destaca a dedicación e o traballo desenvolvido durante todos estes anos polo rexedor socialista tras anunciar onte a súa renuncia ao cargo
Para o máximo responsable socialista na provincia, Álvarez Barreiro representa “un exemplo de proximidade, responsabilidade e compromiso coa veciñanza” de Vilamartín de Valdeorras
Vila manifesta a súa confianza no futuro do municipio e garante o apoio do partido ao equipo que continúe o proxecto socialista na vila
Ourense, 29 de maio de 2026. O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila Araújo, quixo expresar hoxe o seu “máis sincero agradecemento e recoñecemento ao alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez Barreiro, despois de que anunciase onte a súa decisión de renunciar á alcaldía tras 15 anos de servizo público á veciñanza do municipio, 13 deles como alcalde.
Vila destacou que Álvarez Barreiro “representa un exemplo de compromiso, proximidade e responsabilidade pública”, subliñando a súa “dedicación constante ao benestar dos veciños e veciñas de Vilamartín”. O secretario provincial puxo en valor “o traballo serio e responsable” desenvolvido durante estes anos á fronte do Concello, así como “a capacidade de diálogo e a defensa permanente dos intereses do municipio”.
“Enrique Álvarez Barreiro deixa unha importante pegada en Vilamartín de Valdeorras grazas á súa entrega, ao seu esforzo diario e á súa vontade de mellorar a vida da veciñanza”, sinalou Vila. Neste senso, destacou que o alcalde socialista “sempre exerceu a política desde a cercanía, a humildade e o compromiso coa xente”.
O líder provincial socialista tamén quixo agradecer “o traballo realizado durante todos estes anos desde os valores do socialismo democrático, defendendo os servizos públicos, a igualdade de oportunidades e o progreso do municipio”. Para Vila, Álvarez Barreiro “foi unha persoa comprometida coa súa vila e coa comarca de Valdeorras, exercendo a responsabilidade pública con honestidade e responsabilidade”.
Continuidade e futuro para Vilamartín
Álvaro Vila trasladou tamén a súa “plena confianza” no equipo socialista de Vilamartín de Valdeorras e no futuro do proxecto político no municipio. O secretario provincial asegurou que “o PSdeG-PSOE seguirá traballando con responsabilidade e compromiso para continuar impulsando o desenvolvemento e o benestar da vila”.
·O traballo realizado por Enrique Álvarez Barreiro deixa unha base sólida para seguir avanzando e estou convencido de que o equipo socialista continuará defendendo os intereses da veciñanza con responsabilidade e ilusión·, afirmou Vila.
O máximo responsable socialista na provincia concluíu reiterando o seu agradecemento persoal e político ao rexedor saínte. “Enrique deixa unha traxectoria de compromiso e servizo público que merece todo o noso recoñecemento e gratitude”, concluíu.

