As socialistas de Ourense non están dispostas a hipotecar a cidade para que Jácome pague seus pufos
O Partido Popular volve a salvar,unha vez máis, a Jácome indo en contra do seu propio criterio e a sabendas de que está avalando un contrato viciado, tal e como afirmou o seu concelleiro, Javier Rodríguez Nóvoa
En Ourense, a 12 de xuño de 2026.
O Grupo Municipal Socialista de Ourense reixeita hipotecar a cidade para que Jácome pague os seus pufos coas concesionarias dos autobuses, cualificando o levantamento do reparo de intervención como un “parche que será inseguridade xurídica e non mellorará nin a mobilidade urbana nin o servizo de autobuses”. O levantamento do reparo saiu adiante coa abstención do Partido Popular e os votos en contra do PSOE e o BNG.
A edil socialista, María Fernández, denunciou, durante o pleno extraordinario celebrado esta mañá, que o alcalde “non vai poder pagar nin a anterior concesión nin a nova concesión e o Novo contrato nace viciado e con problemas e causará graves problemas e eivas no posterior pago aos conductores dos autobuses urbanos, as modificacións das liñas e a gratuidade prometida polo rexedor municipal”, sinalou.
Desde o PSOE pregúntanse Canto lle debemos á anterior concesionaria?, cando lle imos a pagar?. Neste senso explican que este non é o único contrato que se atopa nesta situación irregular e requírenlle ao alcalde se será necesario realizar unha modificación de crédito para este e os outros contratos que platexan eivas pola súa crisis, falta de destino e planificación orzamentaria? E advirten de que a situación non se revertirá se o grupo de Goberno segue ignorando a necesidade de que os expedientes conten coa fiscalización interna do Concello.
Fernández Ojea esíxelle ao alcalde que deixe de “facer as cousas mal e solvente primeiro a situación de débedas da actual concesionaria, faga caso das advertencias dos técnicos municipais e dote de seguridade xurídica o novo contrato”.
As socialistas lamentan que o Partido Popular volva a salvar, unha vez máis, a Jácome indo en contra do seu propio criterio e a sabendas de que está avalando un contrato que ten defectos e un procedimento , tal e como afirmou o seu propio concelleiro, Javier Rodríguez Nóvoa, pero votando a favor do levantamento do reparo.

