concellos Denuncias

O PSOE de Beade preguntalle ao alcalde si xa abonou as débedas pendentes co propio concello

O PSDEG-PSOE DE BEADE PREGUNTOU AO ALCALDE DO CONCELLO SI XA ABOARA AS DÉBEDAS QUE TIÑA PENDENTES CO PROPIO CONCELLO QUE DIRIXE.

As e os socialistas de Beade interpelaron ao alcalde popular Fernando Taboada polas débedas que tiña pendentes de aboar ao seu propio concello segundo o publicado no Boletín Oficial da Provincia do 7 de novembro de 2022 que publicaba os contribuíntes debedores da Mancomunidade do Ribeiro.

 Esta mesma situación repítese tamén no caso de Irene Alvarez Pérez integrante da candidatura do Partido Popular en Beade nas últimas eleccións municipais do ano 2023 publicadas no BOP do 26 de abril do 2023.

 Beade, 03 de Agosto de 2026. O PSdeG-PSOE de Beade a través da súa voceira Carmen Rama preguntou no último pleno celebrado recentemente no concello sobre as débedas que o actual alcalde do PP Fernando Taboada Guntín tiña contraídas co propio Concello de Beade segundo a publicación oficial do BOP no ano 2022 relacionadas con exercicios anteriores.

Tal e como recolle a propia publicación do 7 de novembro de 2022 na súa páxina 13 aparecen os datos do actual alcalde cunha débeda de 536,57€ e onde este listado publicado está fundamentado “de conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e logo de intentarse a notificación ao interesado ou ao seu representante por dúas veces, sen que fose posible practicala por causas non imputables ao Servizo de Recadación da mancomunidade, comunícaselles a través da publicación deste anuncio no BOP de Ourense que se atopan pendentes de notificar os actos dos que o número de expediente, DNI, contribuínte, domicilio fiscal e débeda total se relacionan seguidamente”.

Logo da falla de respostas concretas por parte do alcalde sobre a situación na actualidade sobre a débeda publicada que sumada a de Irene Alvarez situanse preto dos 800€, e ante a insistencia da portavoz e concelleira socialista Carmen Rama a única resposta conseguida e pola cal a representante socialista solicitou a súa inclusión na acta plenaria foi “eu teño débedas como calquer persoa e pago cando podo, e ademáis gústame pagar con recargo”.

A formación socialista en Beade considera estas manifestacións unha falta de repecto total a todo o municipio de Beade e a propia Corporación Municipal. Lembran que cada veciño e veciña tanto deste concello como de calquer outro deben estar ao corrente coas administracións, e no caso de solicitar algunha axuda ou subvención é requisito indispensable a inexistencia de débedas para poder acadala.

Dende o PSDEG-PSOE de Beade insisten en que o alcalde debe dar explicacións claras e convincentes a o pobo de Beade sobre a situación na que se atopa actualmente esta cuestión plantexada en sesión plenaria e no caso de que ainda non se teña resolta asumir as responsabilidades políticas necesarias xa que a persoa que dirixe esta administración local debe ter un comportamento exemplar.