Concello de Ourense Economía

As socialistas lamentan “debates estériles” sobre a conta 413 cando a súa aprobación non supón que os provedores vaian a cobrar

O executivo local non sabe xestionar cartos públicos. Prefire xestionar unha rede clientelar e se unha factura lle interesa ao alcalde, ou é dun amigo seu, non queda na conta 413”, argumentou a edil do PSdeG María Fernández para explicar a abstención do grupo municipal

En Ourense, a 16 de setembro de 2026. As socialistas do Concello de Ourense lamentaron, no pleno extraordinario que tivo lugar esta mañá, que o debate político se enquiste na conta 413, un mecanismo administrativo legal e que conta co informe favorable do servizo de Intervención. “Ás veces penso que cando todo é un desvarío é que responde a un plan superior do que nos falta información para comprender por que temos que divagar sobre isto”, ironizou a edil do PSdeG María Fernández Ojea ante as inercias de voto e o reclamo do resto da oposición ao respecto de facturas que veñen de anos atrás e que non entraron nos mecanismo de pago por defectos de forma ou de contratación.

Neste senso, incidíu en que ningunha Administración pública debateu tanto sobre a conta 413. “Estas facturas quedaron atrás, segundo din os informes, por causas diversas. A causa diversa é sempre Gonzalo Pérez Jácome. Sempre. Ese é o problema deste expediente. Nós non podemos facer máis que o que din os técnicos municipais, e estes consideran que quedaron provedores pendentes de aplicar ao Orzamento e teñen que entrar no circuíto do Concello de Ourense. Pero nunca se debatera tanto un expediente técnico”, sinalou.

Asi mesmo, criticou que os máis de 15 millóns de euros de facturas da conta 413 están aí porque os contratos están en precario e o executivo local gasta e despois busca un soporte xurídico, cando os cartos públicos deberían xestionarse organizadamente. “Que deberiamos facer? Son facturas avaladas polos técnicos municipais. Está identificado, polo tanto, o que hai que incorporar ao Orzamento, malia que non se vaia a pagar a ninguén grazas a este expediente”, advertiu ante a falta absoluta de xestión do goberno de DO.

“Se os provedores dasta cidade queren cobrar teñen que votar a outra formación política en maio de 2027, preferiblemente ao PSOE. Hoxe non imos a pagar a ninguén. E por respecto institucional non imos entrar a valorar a emenda do PP. E isto é un expediente técnico para habilitar partidas orzamentarias. Ninguén vai gañar nada cando isto saia adiante, só estamos distraendo o foco doutros asuntos que deberían ser prioritarios. E todo elo non quita que entendamos que é unha irresponsabilidade enorme que o goberno municipal non faga nada de autocrítica”, argumentou durante a súa quenda no Salón de Plenos.

Ademais, afirmou que os resultados diferentes chegarán se a cidadanía así o quere nas vindeiras eleccións municipais. “O executivo local non sabe xestionar cartos públicos. Prefire xestionar unha rede clientelar e se unha factura lle interesa ao alcalde, ou é dun amigo seu, non queda na conta 413”, rematou contundente Fernández Ojea.